José Fernández Cortés
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 ![]() Callobre, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista ![]() |
Membro de | |
![]() |
José Fernández Cortés, coñecido como O Callobrés, nado en Callobre (Miño) en 1904, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou aos Estados Unidos de América e retornou nos anos vinte, instañándose en Betanzos. En 1925 era presidente do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos vinculado á CNT. Na II República foi secretario do Sindicato de Profesiones Varias (1931) e da Comarcal da CNT[1]. En 1934 retirouse da actividade societaria para montar unha taberna. Participou na fundación do grupo anarquista Liberación e no Centro Cultural Obrero. Colaborou en Solidaridad Obrera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Torres Regueiro, Xesús (1998). "Os inicios do movemento obreiro e agrario en Betanzos (1899-1919)" (PDF). Anuario Brigantino (21): 183–240.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 121. ISBN 84-87783-79-1.
- Apuntamentos para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (F)