José Fernández Formoso
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1908 ![]() Ortigueira, España ![]() |
Morte | 8 de febreiro de 1943 ![]() Chavín, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
![]() |
José Fernández Formoso, nado en Ortigueira cara a 1908 e finado en Chavín o 8 de febreiro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Labrego aveciñado no Couce Mosquento (Devesos). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e uniuse ao Grupo Neira. O 8 de febreiro de 1943, cando participaba no asalto ao veciño de Rúa (Cervo) Manuel Otero Mon con outros tres guerrilleiros, foron denunciados á Garda Civil de Cervo por outro veciño. Perseguidos pola benemérita, refuxiáronse nunha casa de Castro en Chavín. Descubertos, iniciouse un tiroteo e José Fernández resultou morto. O resto dos compoñentes do grupo lograron fuxir. Na acción tamén morreu o garda civil Amando Díaz Montero.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Guardia civil de Cervo mató a un atracador huído desde la iniciación del Movimiento", El Progreso, 11-2-1943, p. 2. Na información figura por erro que o nome do guerrilleiro morto era Jesús Iglesias Escourido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nuevo, Carlos (1977). "Antes e despois da guerra en Viveiro". O 36 na Galiza. Vigo: A Nosa Terra.