Saltar ao contido

José Fondevila García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Fondevila García

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1884 Editar o valor en Wikidata
Bermés, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Cholula, México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

BUSC: fondevila-garcia-jose-1884-1973 Nomes e Voces: 20

José Fondevila García, nado en Bermés (Lalín) o 22 de xuño de 1884 e finado en Cholula (México) o 19 de decembro de 1973, foi un político e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na parroquia de Bermés, aos 17 anos emigrou a Buenos Aires onde se iniciou na actividade sindical. Percorreu varios países americanos: Brasil, Chile, Perú, Estados Unidos, México, participando en diversas loitas laborais. Rematou o seu periplo en Nova York, onde se estableceu como mecánico.

II República española

[editar | editar a fonte]

Cando se proclamou a II República regresou a Lalín, converténdose rapidamente no líder do movemento obreiro dezao, moi desenvolvido pola presenza dos carrilanos que construían a liña Ourense-Santiago. Vinculado á Sociedade obreira de Donsión (UGT), afiliouse ao PSOE en 1936. Aos poucos días da golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 un grupo de falanxistas intentaron apresalo, pero Fondevila logrou fuxir, aínda que ferido. Agochouse ata lograr pasar a Portugal, onde embarcou para Francia e de alí pasou ao territorio da República. Nomeado Comisario de guerra, participa na batalla de Brunete e na toma de Teruel.

Tras pasar a fronteira francesa en 1939 foi internado nun campo de concentración. Disfrazado, regresou clandestinamente a Lalín en 1942, confiando nunha presunta amnistía. Ao ver a situación, decidiu coller o camiño do exilio por Portugal. Logrou embarcar para México en outubro. Alí intentou gañarse a vida como mecánico, con algúns intentos en Estados Unidos para presentar un “lanza bombas” da súa invención ao exército norteamericano.

Tras varios anos de internamento no Hospital, morreu en Cholula (México) en 1973.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]