José Fuentes Colmeiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 Arzúa, España |
Morte | 2 de xaneiro de 2013 (87/88 anos) Arzúa, España |
Alcalde de Arzúa | |
1968 – 1977 ← Antonio Pol – Jesús García Vázquez → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
José Fuentes Colmeiro, nado en 1925 e finado en Arzúa o 2 de xaneiro de 2013, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Creou a primeira fábrica de queixo en Arzúa en 1947. Foi membro fundador e primeiro presidente da segunda etapa da Cooperativa Perpetuo Socorro de Arzúa. Dono dunha cafetaría-cine en Arzúa. No franquismo foi concelleiro de Arzúa, sendo primeiro tenente de alcalde en 1965. Foi nomeado alcalde de Arzúa en 1968. Permaneceu no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. Finou en Arzúa o 2 de xaneiro de 2013.[1]
Predecesor: Antonio Pol González |
Alcalde de Arzúa 1968 - 1977 |
Sucesor: Jesús García Vázquez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefina Barreiro Míguez e foi pai de Amalia Fuentes Barreiro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 3-1-2013, p. 41.