José García García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 Silleda, España |
Morte | 28 de outubro de 2007 (84/85 anos) Silleda, España |
Senador de España | |
15 de xuño de 1977 – 31 de agosto de 1982 Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Ocupación | político |
José García García, nado en Silleda o 13 de febreiro de 1922 e finado na mesma vila o 28 de outubro de 2007,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato no Instituto da Estrada. Foi delegado da Organización Juvenil Española (1943-1947) e secretario do Sindicato Vertical de Silleda (1946-1951). Funcionario do concello de Silleda, foi secretario da Junta Municipal do Movimiento (1951-1976). Formou parte dos grupos directivos de Acción Católica e de Cáritas Diocesana. A partir de 1946 promoveu o cooperativismo agrario, sendo presidente de dúas cooperativas provinciais e de UTECO-Pontevedra. Promoveu a Asociación Agraria Provincial (GAP) da que foi vicepresidente, federada na Rexional e Nacional UFADE.
Na Transición foi elixido membro do Comité Executivo do Partido Gallego Independiente no seu primeiro Congreso Federal constituínte en febreiro de 1977. O PGI integrouse na UCD e foi elixido Senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 1977. En 1979 volveu ao Senado tamén pola UCD.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Lidia Otero Alonso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adiós al silledense que fue senador en dos mandatos" La Voz de Galicia, 30/10/2007 (en castelán).