José García Mosquera
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1817 Castro de Escuadro, España |
Morte | 17 de novembro de 1868 (51 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
José García Mosquera, nado en Castro de Escuadro (Maceda) o 17 de marzo de 1817 e finado en Ourense o 19 de novembro de 1868, foi un escritor, profesor e tradutor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou nos seminarios de Ourense, Santiago de Compostela e Salamanca. Instalado en Ourense, abriu un Colexio de Humanidades. Foi profesor nos institutos de Pontevedra e Cuenca e catedrático de Latín e Humanidades e de Retórica e Política no Instituto de Ourense. Fixo a tradución ao galego do "Beatus ille" de Horacio que publicou en Revista Gallega. Era poeta en galego, español e latín. Algúns dos seus poemas en castelán publicáronse postumamente en El Heraldo Gallego.
Obras
[editar | editar a fonte]- Poesías de José García Mosquera, catedrático de Retórica y Poética en el Instituto de Orense (1817-1868), recollidos por José Fernández Gallego, 1948.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José García Mosquera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "García Mosquera, José". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.