José González-Sama García
José González-Sama García, nado en Sama (Langreu) o 5 de abril de 1916[1] e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1986[2], foi un avogado e político asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na Guerra civil uniuse á Columna galega que participou na liberación de Oviedo. Traballou na Vicesecretaría de Organización Social, foi Xefe de Servizos Provinciais de Abastecimentos, Secretario Asesor Sección Social do Sindicato Nacional de Industrias Químicas e Secretario Nacional de Información de FET y de las JONS. Foi procurador en Cortes pola Organización Sindical (1946-1967), gobernador civil de Tarragona (1951-1961), Pontevedra (1961-1964) e Zaragoza (1964-1969). Despois foi presidente da Xunta directiva da Federación Española Sindical de Armadores de Buques de Pesca.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Isabel Asenjo Escosura.