José Gregorio Hernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Gregorio Hernández Cisneros 26 de outubro de 1864 Isnotú, Trujillo, Venezuela (Estados Unidos da Venezuela) |
Morte | 29 de xuño de 1919 (54 anos) Caracas, Venezuela |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Central de Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Empregador | Universidade Central de Venezuela |
Alumnos | Rafael Rangel (en) |
Orde relixiosa | Ordem Franciscana Secular (pt) |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 26 de outubro |
José Gregorio Hernández Cisneros[1][2], nado en Isnotú o 26 de outubro de 1864 e finado en Caracas o 29 de xuño de 1919, foi un médico, científico, profesor, filántropo venezolano de vocación católica e franciscano segrar,[3] declarado beato pola Igrexa Católica.[4] Foi venerado por hispanofalantes de todo o mundo, a súa canonización está en marcha.[5][6]
En 1949, a Igrexa católica iniciou o proceso de canonización para declaralo santo.[7] En 1986, o papa Xoán Paulo II recoñeceu as súas virtudes heroicas e declarouno "venerable".[8] O proceso renovouse o 18 de xaneiro de 2021, tras un milagre atribuído pola Igrexa Católica a Hernández en San Fernando de Apure, no que unha moza se recuperaría dunha ferida de bala grazas á súa intercesión.[9] O papa Francisco autorizou a misa de beatificación de José Gregorio Hernández, celebrada o 30 de abril de 2021, e a súa celebración litúrxica foi asignada o 26 de outubro.[7]
Biografía
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Foi o primeiro de seis irmáns, fillo de Benigno María Hernández Manzaneda e Josefa Antonia Cisneros Mansilla.[10]
Pola súa liña materna descendía do cardeal Francisco Jiménez de Cisneros, confesor de Isabel I de Castela, fundadora da Universidade de Alcalá, e por parte do pai, estaba emparentado con Santo Hermano Miguel, pedagogo e escritor, membro da Academia Ecuatoriana de la Lengua e correspondente da Real Academia Española.[11]
Carreira
[editar | editar a fonte]Estudos en Caracas e Europa
[editar | editar a fonte]Despois rematar o Bacharelato e de estudar Filosofía, Estudou na Universidade Central de Venezuela (UCV).
Linguas
[editar | editar a fonte]Ao graduarse co título de Doutor en Medicina, o 29 de xuño de 1888, falaba inglés, francés, portugués, alemán e italiano e dominaba latín e hebreo, era filósofo, músico e teólogo. [Cómpre referencia]
Trasladouse a exercer a medicina na súa cidade natal,[12] establecendo un consultorio temporal, co que ampliou a súa carreira como médico.
Mestrados e docencia
[editar | editar a fonte]Completou estudos en París e Berlín. Tras regresar de Europa en 1891, comeza a súa actividade como profesor nas cátedras de Histoloxía Normal e Patolóxica, Fisioloxía Experimental e Bacterioloxía, da Universidade Central de Venezuela, converténdose no fundador de ambas. Ademais, ao remate dos seus estudos de posgrao, delegóuselle a responsabilidade de adquirir, con recursos do Estado venezolano, os materiais necesarios para instalar o Laboratorio de Fisioloxía Experimental en Caracas, así como a adquisición da bibliografía necesaria para a apertura das citadas cátedras na UCV.
Pioneiro en varios eidos
[editar | editar a fonte]Hernández foi o responsábel da introdución do microscopio e outros instrumentos científicos en Venezuela, do que tamén ensinou o seu uso e manexo.
O 14 de setembro de 1909 é nomeado catedrático da Cátedra de Anatomía Patolóxica Práctica, que funcionaba adscrita ao Laboratorio do Hospital Vargas, e da que estivo á fronte ata a creación da Cátedra de Anatomía Patolóxica da Universidade Central. con sede no Instituto Anatómico, e que dirixía o doutor Felipe Guevara Rojas, en 1911.
Considérase o promotor e pioneiro do ensino científico e pedagóxico en Venezuela, baseado en leccións explicativas, con observación de fenómenos vitais, experimentación sistemática, prácticas de vivisección e probas de laboratorio. Tamén coloreou e cultivou microbios e deu a coñecer a teoría celular de Virchow. Tamén exerceu como fisiólogo, biólogo, físico, químico e matemático.
Obra literaria e científica
[editar | editar a fonte]Foi o fundador da cátedra de Bacterioloxía, a primeira desta disciplina en América, e a primeira persoa en Venezuela en publicar un traballo da devandita disciplina (Elementos de Bacteriología, 1906). Tamén escribiu sobre a anxina de peito de carácter palúdico xunto con Nicanor Guardia, e en 1893 publicou varios números da Gaceta Médica.[13]
Ademais de 11 obras publicadas e dúas inéditas no ámbito científico, escribiu cinco obras literarias. Unha delas, La verdadera enfermedad de Santa Teresa de Jesús escrita en 1907, ficou sen rematar; as outras, D. Nicanor Guardia (1893), Visión del arte (1912), En un carro (1912) e Los maitines (1912), publicáronse en El Cojo Ilustrado.[14]
Interrupción do seu traballo docente
[editar | editar a fonte]Por dous intervalos deixou de impartir clases na universidade. O primeiro, cando decidiu facerse relixioso e ingresar no mosteiro da orde de San Bruno na Cartuja de Farneta, ao que chegou o 16 de xullo de 1908, e do que regresou o 21 de abril de 1909, reincorporándose á Universidade en maio de 1909.
A segunda vez foi desde outubro de 1912, cando o goberno ditatorial do xeneral Juan Vicente Gómez decretou o peche da Universidade, xa que fora en contra do seu réxime. Porén, restablece a súa actividade docente en xaneiro de 1916, tras a fundación da Escola Oficial de Medicina, que funcionaba no Instituto Anatómico.
Outra pequena interrupción, sen saír do ámbito académico, foi en 1917 para visitar Nova York e Madrid para estudar, ficando o doutor Domingo Luciani á fronte provisional das súas cátedras. Reiniciou a súa actividade docente o 30 de xaneiro de 1918, até a súa morte.
Durante a pandemia de gripe de 1918 visitou enfermos en Caracas.[15][16]
Pasamento
[editar | editar a fonte]O 29 de xuño de 1919 pola tarde, José Gregorio Hernández acudiu á esquina de Cardones para atender a unha enferma, pero foi atropelado mortalmente na esquina de Amadores, La Pastora, en Caracas.
Valoración do seu traballo
[editar | editar a fonte]Hernández foi autor de trece ensaios científicos sobre diversas disciplinas médicas, sendo recoñecido pola Academia Nacional de Medicina de Venezuela, da que foi un dos seus membros fundadores. [17][18]
O seu traballo é importante pola súa capacidade como clínico para someterse ao rigor do método anatomoclínico (como nos casos presentados por el sobre tuberculose, pneumonía e febre amarela).
Tamén é recoñecida a súa capacidade para xestionar os recursos derivados de técnicas de diagnóstico complementarias (datos de histoloxía patolóxica, bacterioloxía, parasitoloxía e fisioloxía ) para lograr unha interpretación completa dos procesos patolóxicos presentes no paciente e pola súa capacidade para crear hipóteses novidosas (os datos hematométricos en suxeitos da contorna, a descrición dunha nova forma de anxina de peito de orixe palúdica etc.).
Culto público
[editar | editar a fonte]Coa súa beatificación, José Gregorio Hernández convértese no cuarto beato de Venezuela, e no primeiro laico recoñecido como tal pola Igrexa Católica.[19][20]
Hernández era considerado un santo popular, a pesar de que a Igrexa non o recoñeceu como tal [21] até 2021 [22] A súa festa celébrase, xa oficialmente, o 26 de outubro.[23]
No seu Isnotú natal, o seu santuario oficial desde 2021 é o Santuario do Neno Xesús, onde tamén descansan os seus restos. Nese templo, ademais de imaxes e placas colocadas por persoas que lle agradecen as súas curacións, tamén hai unha vidreira con el representado axeonllado, rezando á Virxe María e a un neno Xesús.
Na Igrexa da Nosa Señora da Candelaria de Caracas repousan os restos do doutor,[24] o que xera que o templo sexa a sede dunha grande peregrinación de fieis.
Sincretismo
[editar | editar a fonte]Ademais do culto católico non oficial até 2021 e da profunda veneración popular que suscita, José Gregorio Hernández é tamén unha figura clave no sincretismo relixioso ou no paganismo esotérico, posto que se lle atribúen curacións milagrosas. Aínda que a maioría dos que o veneran son católicos, unha porcentaxe minoritaria non se considera practicante de ningunha relixión.[25]
Ferrándiz, citado por Guerra Niño (2017) indica que o seu culto católico e a súa veneración como figura curativa comezou diante da súa tumba nos primeiros anos despois da súa morte e precisamente polo apoio que o doutor prestaba aos pacientes en plena gripe de 1918 e 1919. Tamén existe a crenza popular de que o médico aparece en soños aos enfermos que o veneran e intervén neses lapsos, sendo curado cando esperta.[22]
Algúns defensores da súa causa como persoa de veneración católica indican que o fervor popular que espertou foi tan forte que os practicantes do esoterismo o converteron nun ídolo curativo e nun éxito comercial;[26] [27] Por exemplo, en Colombia son populares os centros esotéricos fundados en honra a Hernández, a quen chaman Hermano José Gregorio e eles a si mesmos gregorianos.[28][29]
Foi precisamente a vinculación de Hernández co esoterismo o que atrasou a aprobación do culto pola Igrexa católica.[27] De feito, indícase que esa é a razón pola que o Vaticano decidiu aprobar o seu culto público, para "descontaminar" o culto a Hernández "socavado" polo esoterismo e as prácticas supostamente máxicas, moitas veces asociadas ao espiritismo e a bruxería.[30]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]Varios lugares de Venezuela foron nomeados na súa honra, entre eles o Hospital Xeral Dr. José Gregorio Hernández e a Universidade José Gregorio Hernández.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- 1893 – Sobre el número de glóbulos rojos. Gaceta Médica de Caracas.
- 1894 – Sobre angina de pecho de naturaleza paludosa. Gaceta Médica de Caracas.
- 1910 – Lecciones de bacteriología. Gaceta Médica de Caracas.
- 1910 – Lesiones anatomo–patológicas de la pulmonía simple o crupal. Gaceta Médica de Caracas.
- 1910 – De la nefritis a la fiebre amarilla. Gaceta Médica de Caracas.
- 1912 – Elementos de filosofía. Caracas, Empresa El Cojo. Segunda edición: 1912. Tercera edición: 1959.
- 1913 – Renuncia ante la Academia Nacional de Medicina. Gaceta Médica de Caracas.
- 1918 – Nota preliminar acerca del tratamiento de la tuberculosis por el aceite de Chaulmoogra. Gaceta Médica de Caracas.
- 1922 – Elementos de bacteriología. 2.ª edición: Caracas. El Cojo.
- 1968 – Obras completas. Caracas. Universidad Central de Venezuela. Edición del doctor Fermín Vélez Boza.
- 1995 – Sobre Arte y Estética (selección de Elementos de filosofía máis o artigo Visión de Arte, publicado orixinalmente na revista El Cojo Ilustrado, N.º 491, 1 de xuño de 1912). Maracay, La Liebre Libre, 1995. Prólogo de Juan Carlos Chirinos.
Cine e televisión
[editar | editar a fonte]En 1990 producíronse en Venezuela dous telefilmes sobre a súa vida:
- El Venerable de RCTV, sendo interpretado por Flavio Caballero.
- José Gregorio Hernández, el siervo de Dios de Venevisión, encarnado por Mariano Álvarez.
- La médium del venerable, película de 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Floreal Vicente Contreras Andrade (1 de xaneiro de 1997). Vida del doctor José Gregorio Hernández. Universidad de Carabobo. ISBN 978-980-233-176-5.
- ↑ Natalio Domínguez Rivera (1983). Biografía del doctor José Gregorio Hernández Cisneros. publisher not identified.
- ↑ Moleiro, Alfonso (2020). "José Gregorio, el médico de los abandonados que pone de acuerdo a todos en Venezuela". El País (en español). Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ Welle (www.dw.com), Deutsche. "Todo listo en Venezuela para beatificación de José Gregorio Hernández | DW | 30.04.2021" (en castelán). Consultado o 2021-04-30.
- ↑ "El médico fantasma" (en castelán). 27 de outubro de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2020.
- ↑ «Un 26 de octubre nació el siervo de Dios»
- ↑ 7,0 7,1 Dejeki, Monica (20 de xuño de 2020). "José Gregorio Hernández, el santo sin reconocimiento". Consultado o 20 de junio de 2020.
- ↑ «Comienza año jubilar de José Gregorio Hernández: Sesquicentenario de Natalicio del Venerable»
- ↑ "“Fue un milagro”: médico que operó a niña por la que José Gregorio Hernández fue beatificado" (en castelán). 2021-04-30. Consultado o 2021-05-03.
- ↑ "Vida y obra del Dr. José Gregorio Hernández (1864–1919)" (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2017.
- ↑ «Dr. José Gregorio Hernández» (Fuente: Catholic.net)
- ↑ «José Gregorio Hernández: Médico – Cartujo – Seminarista – Médico»
- ↑ Briceño-Iragorry, Leopoldo (Decembro, 2005). "José Gregorio Hernández, su faceta médica. (1864–1919)". Consultado o 9 de novembro de 2017.
- ↑ "Cazadores de Microbios de Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2017.
- ↑ Shaylim Valderrama (20 de xuño de 2020). "Venezuela celebra un nuevo beato en medio de pandemia por COVID-19". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2020.
- ↑ Moleiro, Alonso (20 de xuño de 2020). "José Gregorio, el médico de los abandonados que pone de acuerdo a todos en Venezuela" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2020.
- ↑ Tiempo, Casa Editorial El (2021-04-30). "'El médico de los pobres' es beatificado y Venezuela celebra" (en español). Consultado o 2021-04-30.
- ↑ "Los fundadores de la Academia Nacional de Medicina" 110 (2). 2002-04-XX: 222–224. ISSN 0367-4762. Consultado o 2021-04-30.[Ligazón morta]
- ↑ "¿Cuáles son los beatos venezolanos reconocidos por la Iglesia católica?" (en castelán). 2021-04-30. Consultado o 2021-04-30.
- ↑ "Beatos de Venezuela". Santuario Basílica Coromoto. Consultado o 2021-04-30.
- ↑ Dejeki, Monica (2020-06-20). "José Gregorio Hernández, el santo sin reconocimiento" (en castelán). Consultado o 2021-04-30.
- ↑ 22,0 22,1 Guerra Niño, Laura Juliana (2017). "Pacientes-devotos: la relación de la medicina y la religión en el culto a José Gregorio Hernández en Bogotá" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de abril de 2021. Consultado o 30 de abril de 2021.
- ↑ Nacional, El (2021-03-24). "El 26 de octubre será el Día de José Gregorio Hernández" (en castelán). Consultado o 2021-04-30.
- ↑ "Iglesia Nuestra Señora de La Candelaria, Caracas" (en castelán). 2015-07-07. Consultado o 2021-04-30.
- ↑ Gonzáles y Finol, Angélica M. y Jose Enrique (1 de xaneiro de 2013). "Antropo-Semiótica del rito: El culto a José Gregorio Hernández" (PDF). Consultado o 30 de abril de 2021.
- ↑ "¿Las “curaciones” de José Gregorio Hernández, mediante una médium, son brujería?" (en castelán). Consultado o 2021-04-30.
- ↑ 27,0 27,1 Dejeki, Monica (2020-06-20). "José Gregorio Hernández, el santo sin reconocimiento" (en castelán). Consultado o 2021-04-30.
- ↑ Colombia.com, Redacción Vida y Estilo- (2021-04-30). "San Gregorio Hernández: poderoso ritual para pedir pronta cura a males y enfermedades" (en español). Consultado o 2021-04-30.
- ↑ Tiempo, Casa Editorial El (2020-10-27). "Así son los rituales que hacen los médiums del hermano José Gregorio" (en español). Consultado o 2021-04-30.
- ↑ Semana (1986-02-24). "NI TANTO QUE QUEME AL SANTO..." (en español). Consultado o 2021-04-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Gregorio Hernández |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alegría, Ceferino (1970). Figuras médicas venezolanas I. Caracas: Ediciones Pulmobronk.
- Altazini, Enrique (2007). "José Gregorio Hernández, el santo de Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2008.
- Arráiz Lucca, Rafael (2019). El doctor Hernández: hombre y mito. Caracas: Efecto Cocuyo.
- Briceño-Iragorry, Leopoldo (2005). José Gregorio Hernández, su faceta médica (1864–1919). Caracas: Gaceta Médica de Caracas.
- Perera, Ambrosio (2014 (1972)). Doctor José Gregorio Hernández. Un médico americano para la historia médica mundial. Caracas: Revista de la Sociedad Venezolana de Historia de la Medicina, volume 63, número 2.
- Sánchez, Marianny (2006). José Gregorio Hernández, la filosofía de una ciencia. Academia Biomédica Digital. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2007. Consultado o 30 de abril de 2022.
- Suárez, María Matilde (2006). José Gregorio Hernández. Caracas: El Nacional y Banco del Caribe. ISBN 980-6518-60-8.