José Guerrero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1935 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
José Guerrero Pérez, nado en Lugo o 8 de abril de 1935, é un empresario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia de emigrantes galegos retornados (os seus pais estiveran en Cuba de 1920 a 1932) e viviu na posguerra española. Con dez anos comezou a traballar e con 19 foi recrutado pola Mariña Española, como tripulante do buque escola Juan Sebastián de Elcano.
Licenciouse como mariño distinguido en manobra en 1956. Casou o 30 de novembro de 1957. Emigrou a Venezuela, onde comezou a traballar como peón para a compañía norteamericana Marsan de perfumes e cosmética. Anos máis tarde deveu xerente do grupo de empresas Marsan-Nortosur.
Compaxinou o traballo cos estudos de empresariais na Universidade Central de Venezuela.
Obra[editar | editar a fonte]
- Bitácora de un emigrante gallego. Palibrio, 2011. ISBN 978-1-61764-932-5