Saltar ao contido

José Lago Millán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Lago Millán
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

José Lago Millán, nado en 1893 ou 1894 en Pontevedra, foi un polifacético deportista e adestrador galego de principios do século XX, persoeiro fundamental no desenvolvemento do deporte na Arxentina. Dirixiu a selección arxentina de fútbol no Campionato Suramericano de 1927, proclamándose campión, e nos Xogos Olímpicos de 1928, onde conseguiu a medalla de prata.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no barrio pontevedrés de San Bartolomeu,[1] comezou a practicar deporte na propia cidade do Lérez, e formou parte do Pontevedra Sporting, tanto na súa sección de fútbol (onde coincidiu entre outros con Luis Otero e Moncho Encinas) como na de ciclismo.[1] En 1912 proclamouse campión galego de ciclismo.[2]

Cando contaba cuns 20 anos emigrou á Arxentina, onde practicou diferentes disciplinas deportivas como atletismo, natación, baloncesto, calistenia e se iniciou no mundo da psicoloxía do deporte.[1] Destacou especialmente no atletismo e nas carreiras de medio fondo.[2] Ao mesmo tempo graduouse en Educación Física e exerceu de profesor de Cultura Física na YMCA (Asociación Cristiá de Mozos) e no colexio Mariano Moreno.[1]

Entre os anos 1923 e 1926 dirixiu o equipo de atletismo do país americano e en 1927 fíxose cargo da dirección da selección de fútbol da Arxentina para mellorar a súa condición física. Debutou oficialmente como seleccionador o 14 de xullo de 1927 gañando 1-0 ante o Uruguai na Copa Newton.

Ese mesmo ano participou no Campionato Suramericano celebrado no Perú, onde dirixiu a destacados futbolistas como Ángel Bossio, Ludovico Bidoglio, Juan Evaristo, Luis Monti, Raimundo Orsi ou os descendentes de galegos Manuel Ferreira e Manuel Seoane. No primeiro partido golearon a Bolivia por 7-1, mentres que no segundo conseguiron derrotar ao Uruguai, último campión olímpico, por 3-2. Finalmente, unha nova goleada ante a anfitrioa (1-5) deulle o terceiro título continental ao equipo arxentino.[1]

Ao ano seguinte dirixiu ao equipo nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam, primeira vez que a Arxentina enviaba representación para competir en fútbol. O conxunto de Lago Millán despregou un espectacular poderío ofensivo, anotando 23 goles nos tres primeiros partidos, meténdose así na final. Nesta enfrontouse de novo ao Uruguai, caendo no partido de desempate por 2-1 tras empatar a un tanto no primeiro encontro.[3]

Despois de deixar a selección comezou a publicar na prensa arxentina artigos de divulgación da Educaicón Física, onde daba consellos sobre saúde aos lectores.

En 1932, foi nomeado adestrador do CA Boca Juniors para substituír a Mario Fortunato, dirixindo ao equipo en dous encontros.[4] En 1937 regresou á selección como axudante do adestrador Manuel Seoane, participando na Copa América dese ano.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Selección arxentina
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Arrechea, Fernando (1 de decembro de 2019). "José Lago Millán. El gallego que cambió el deporte argentino". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (115). ISSN 1989-6379. 
  2. 2,0 2,1 "Sección deportiva". El Eco de Santiago (en castelán) (14078). 29 de marzo de 1928. p. 2. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  3. Didonato, Damián (6 de abril de 2012). "Dos Mundiales, qué no ni no". ESPN (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  4. https://historiadeboca.com.ar/tecnicos/jose-lago-millan/97/1930/2022/6/0/3/0/0.html
  5. https://rsssf.org/tablesl/lipton.html

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]