José Luis Antón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1927 Ferrol, España |
Morte | 15 de xaneiro de 2019 (91/92 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, enxeñeiro |
Familia | |
Irmáns | Emilio Antón Miranda |
José Luis Antón Miranda, nado en Ferrol en 1927 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2019, foi un enxeñeiro e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha importante familia ferrolá: seu pai Matías Cristóbal Antón,[1] consignatario de buques, ocupou cargos importantes na sociedade ferrolá e presidiu a Cámara de Comercio local durante case catro décadas, antes e despois da Guerra. Tamén seu avó,[2] Emilio Antón Iboleón fora alcalde de Ferrol en tres ocasións nas primeiras décadas do século XX, e o seu outro avó, Augusto Miranda Godoy fora militar e ministro da Mariña en cinco ocasións entre 1913 e 1919.
Foi oficial do Exército de Terra, e continuou, reincorporado á vida civil, o seu labor profesional como enxeñeiro. Viviu en Venezuela e nos Estados Unidos, onde traballou para a General Motors. Foi o autor dunha trintena de novelas.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]- Campanas de muerte.
- Las noches de Gerardo.
- La ruta de Manila.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi o irmán do tamén militar e enxeñeiro Emilio Antón Miranda. Casou con Pipa Fernández en 1956 na catedral de Santiago, e tivo seis fillos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ P, Redacción. "Falleció en Ferrol José Luís Antón Miranda". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2019-01-16.
- ↑ (Redacción). "Ferrolanos.-Emilio Antón Miranda, marino de guerra, ingeniero y directivo de empresas del INI". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2019-01-16.
- ↑ 3,0 3,1 Loureiro, R. (2019-01-15). "Fallece en Ferrol el escritor e ingeniero José Luis Antón Miranda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-01-16.