Saltar ao contido

José Luis Blanco Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis Blanco Vega
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1928 Editar o valor en Wikidata
Mieres, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xaneiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, mestre, poeta, crítico de cinema, relixioso Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0087223 BNE: XX1720239 Dialnet: 1742234 Editar o valor en Wikidata

José Luis Blanco Vega, nado en Mieres o 22 de xullo de 1928 e finado na Coruña o 25 de xaneiro de 2005,[1] foi un xesuíta, docente, poeta e crítico de cine asturiano.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou con 22 anos na Compañía de Xesús, á que pertenceu até o seu falecemento. Estudou o noviciado en Salamanca, a carreira de Filosofía e Letras na Universidade Pontificia Comillas e en 1958 mudouse a Granada para estudar na Facultade de Teoloxía de Granada.

Luis Blanco foi alumno do biblista Luis Alonso Schökel no Seminario de Comillas. Formou grupo con Jesús Aguirre[3] (que deixou o Seminario e pasou a ser Duque de Alba) e con Jesús Silva (fundador do Circo de los Muchachos).[4][5]

Profesor por tres anos no Seminario de Carrión de los Condes (Palencia), coincidiu alí co seu amigo xesuíta e biógrafo Modesto Vázquez-Gundín (futuro alcalde de Muras). [4]

En Salamanca trabou amizade co crítico cinematográfico Juan Antonio Pérez Millán, que chegou a ser director da Filmoteca Española. Tamén en Salamanca coñeceu a Cipriano Díaz Marcos, nomeado en 2019 Asistente Rexional para Europa Sur do Padre Xeral dos Xesuítas en Roma.[6]

Foi docente de literatura española, poesía e cinema e escribiu artigos e obras sobre a relación entre o cinema e a educación, como "El cine en las aulas"[7] e "Historias del cine: aprender a ver".[8] Publicou poemas nas revistas Estría:[9][10] e tamén en Poesia Española:[11].

Pulicou artigos no xornal compostelán El Correo Gallego:[12]. Foi redactor habitual das revistas Proyección: Teología y mundo actual:[13], Jesuítas:[14], Reseña de literatura, arte y espectáculos (Reseña):[15] e co-fundador da publicación pedagóxica Padres y Maestros:[16][17]. Moitas das súas críticas de cine se recollen no anuario Cine para Leer.[18][19]

Foi asesor para o guión da película Canciones para después de una guerra[20] dirixida polo seu amigo Basilio Martín Patino, encargándose Blanco da selección das músicas do filme.

Na súa laboura como tradutor destaca a monografía Pier Paolo Pasolini, de Virgilio Fantuzzi.[21]

O crítico Tomas Yerro[22][23] incluíuno no movemento literario, proposto por Florencio Martínez Ruiz[24], Nuevo Mester de Clerecía, grupo de poetas en castelán da segunda metade do século XX. A maioría dos poemas de Blanco Vega permaneceron inéditos até 1997.[25][26] Foi amais autor de contos[27] e letras de cancións infantís. [28] Escribiu tamén himnos litúrxicos.[29][30]

Despois do seu pasamento, foi obxecto de varias homenaxes.[31][32][33][34]

  • El caracol (recurso sonoro) (1982)[35]
  • El caracol guía de actividades (1982)
  • Siete palabras a Jesús crucificado (recurso sonoro) (1983)
  • Himnos de la liturgia de las horas (1984)[36][37][38]
  • El canto del hermano sol (1985)
  • Jonás, el de la ballena (1985)
  • Moisés, el libertador (1985)
  • Amigo Lázaro (1985)
  • Y Jesús murió (1985)
  • Abrahán y las estrellas (1985)
  • La balada de Rut (1985)
  • El estilo literario: arte y artesanía (EGA, 1995; xunto con Luis Alonso Schökel e Francisco Pérez Gutiérrez).[39]
  • Y tengo amor a lo visible (1997). Recompilación de poesía na que expresa a súa visión do mundo e da fe.
  • Noticia de Lázaro (1998)
  • Y vivieron felices... (1998)
  • Espíritu Santo, guíanos (CD) (1998)
  • Chants from the Holy Land CD-10. The singing Jesuits: Live during Easter Week in Jerusalem - Catholic" (Blanco Vega, J.L. et al. 1998). Un coro de sacerdotes-peregrinos xesuítas españois a Terra Santa interpreta esta colección de himnos e cancións modernas e tradicionais que foron gravadas en directo en castelán na igrexa do Instituto Pontificio Bíblico de Xerusalén durante a Semana Santa.[40]
    • Vals del camino (Blanco Vega, J.L., letra e música)
    • El recuerdo (Blanco Vega, J.L., letra. García de Dios, J.M., música)
    • Belen, XX Siglos Lejana (Blanco Vega, J.L., letra e música)
  1. "El cinéfilo de la calle Fonseca". La Voz de Galicia (en castelán). 28-01-2005. 
  2. "Mañana se clausura la temporada cinematográfica en el cine-club "Aldebarán"". La Voz de Galicia (en castelán). 10-06-1981. p. 32. 
  3. "«Mi poesía la está cantando o rezando la Iglesia»". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-01-26. Consultado o 2025-01-26. 
  4. 4,0 4,1 Modesto Vázquez-Gundín, Modesto (2005-marzo/abril). "X.L. Blanco Vega, xograr de Deus". Encrucillada (142): 83–88. ISSN 1131-6519. 
  5. "Encrucillada 142". Encrucillada Revista. Consultado o 2025-01-28. 
  6. "Consejo | The Society of Jesus". www.jesuits.global (en castelán). Consultado o 21-01-2025-01. 
  7. Blanco Vega, J.L. (1975). "El cine en las aulas". Padres y Maestros (en castelán) (48): 22–26. ISSN 0210-4679. 
  8. "Historias del cine: Aprender a ver". Padres y Maestros (en castelán) (46): 21–27. 1975. 
  9. Blanco Vega, J.L. (1954-01-01). "El Lobo". ESTRÍA. CUADERNOS DE POESÍA DEL COLEGIO ESPAÑOL DE ROMA. (6): 15–20. ISSN 9949-7867. 
  10. Santiago, Miguel de (2002-01-01). "En el cincuentenario de «Estría»: Una aventura literaria capitaneada por Javierre y A. Schökel". Razón y fe (en castelán) 245 (1239): 81–94. ISSN 2659-4536. 
  11. Blanco Vega, J.L. Revista Poesia Española. 1956. número 56. p:7 (1956). "Historia del Carbón.". Revista Poesia Española (56): 7. ISSN 0554-3681. 
  12. Blanco Vega, J.L. (1964-06-03). "Un día para Cristo". El Correo gallego (29196): 7. ISSN 1579-1564. 
  13. "José Luis Blanco Vega". Dialnet (en castelán). Consultado o 23-01-2025. 
  14. Blanco Vega, J.L. (2023). "La última Rosa" (PDF). Jesuitas (en castelán) (156): 7. ISSN 1889-3880. 
  15. Blanco Vega, J.L.. (1977). "Les valseuses (Las cosas por su nombre). de Bertrand Blier.". Reseña (110): p.25–29. ISSN 0080-1763. 
  16. García de Dios, Joaquín Mª; Garrido, Jesús (2005). "En recuerdo a Luis Blanco Vega". Padres y Maestros | Journal of Parents and Teachers (en castelán) (292): 7–12. ISSN 2255-1042. 
  17. Vega, Jose Luis Blanco (1965). "Cine: los olvidados". Padres y Maestros / Journal of Parents and Teachers (en castelán) (1): 30–32. ISSN 2255-1042. 
  18. "Cine para leer - Wikiwand". www.wikiwand.com (en castelán). Consultado o 23-01-2025. 
  19. Blanco Vega, J.L. (1977). "Cría Cuervos de Carlos Saura" , pp.109-114. Cine para leer 1976 : historia crítica de un año de cine. Bilbao : Mensajero. ISBN 84-271-1061-8. 
  20. "J.L. Blanco Vega". IMDb (en castelán). Consultado o 2025-01-21. 
  21. Fantuzzi, Virgilio (1978). Pier Paolo Pasolini. Tradución: J.L. Blanco Vega. Mensajero. ISBN 84-271-1108-8. 
  22. Santiago Rodríguez, Miguel de (08-11-2018). "La poesía del sacerdote navarro Jesús Mauleón". Razón y fe (en castelán) 270 (1393): 505–515. ISSN 2659-4536. 
  23. J. Mauleón, Obra Poética (1954-2005). Introducción: Tomás Yerro. Gobierno de Navarra. 2005. ISBN 9788423528127. 
  24. Martínez Ruiz, Florencio (1978). Nuevo Mester de Clerecía. Editora Nacional. ISBN 8427604491. 
  25. "José Luis Blanco Vega, Málaga, 1930–2005 | Letraheridos". www.ersilias.com. Consultado o 21-01-2025. 
  26. "5 poetas católicos que deberías conocer". Aleteia.org (en castelán). Consultado o 21-01-2025. 
  27. "Catálogo en línea Centro Cultural Comfamiliar Atlántico". biblioteca.comfamiliar.com.co (en castelán). Consultado o 22-01-2025. 
  28. "El caracol (recurso sonoro)". BNE. Consultado o 22-01-2025. 
  29. Blanco Vega, José Luis (11-02-2022). "El invisible". La Civiltà Cattolica (en castelán). Consultado o 21-01-2025. 
  30. "Blanco Vega 1. LA ZARZA ARDIENDO". Religión Digital (en castelán). 21-02-2013. Consultado o 21-01-2025. 
  31. "El Centro Fonseca rinde homenaje a Blanco Vega". La Voz de Galicia (en castelán). 23-01-2006. Consultado o 22-01-2025. 
  32. "Homenaje sobre el escenario a un poeta desconocido". La Voz de Galicia (en castelán). 10-12-2010. Consultado o 22-01-2025. 
  33. "Homenaje a José Luis Blanco Vega SJ – Centro Fonseca" (en castelán). 13-10-2025. Consultado o 22-01-2025. 
  34. "Centro Fonseca - Blanco Vega". InfoSJ (en castelán). Consultado o 2025-01-22. 
  35. "BNE. José Luis Blanco Vega". Consultado o 2025-01-25. 
  36. "Blanco Vega 3. PUSISTE UNA HERRAMIENTA EN NUESTRAS MANOS". Religión Digital (en castelán). 2013-02-21. Consultado o 2025-01-22. 
  37. "Himnos de la Liturgia de las Horas". Liturgia de las Horas (en castelán). Consultado o 2025-01-24. 
  38. Blanco vega, J.L.; et al. (1984). Himnos de la liturgia de las horas. Coeditores litúrgicos. ISBN 84-7129-335-8. 
  39. Alonso Schökel, Luis; Pérez Gutiérrez, Francisco; Blanco Vega, José Luis (1995). El estilo literario: arte y artesanía. ISBN 84-271-1954-2. 
  40. "CD-10 The Singing Jesuits: Live during Easter Week in Jerusalem - Catholic". holylandrecords.com. Consultado o 2025-01-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]