José Luis Castillo-Puche
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis Castillo-Puche y Moreno 1919 Yecla, España |
Morte | 2 de febreiro de 2004 (84/85 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, novelista |
Premios | |
José Luis Castillo-Puche y Moreno, nado en Yecla, Murcia en 1919, finado en Madrid o 2 de febreiro de 2004, foi un escritor español. Destacou como escritor de novelas, de contos e de ensaios.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi director de "Mundo Hispánico" e da "Editorial Nacional", ademais de asesor do Director Xeral de RTVE e profesor da facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense. De familia acomodada, en 1929 ingresou nun seminario, durante a guerra civil alistouse no bando republicano, aínda que non chegou a combater. Acabada a contenda, regresa aos seus estudos eclesiástico até 1943, que deixa a carreira sacerdotal para estudar xornalismo. Empezou a súa carreira literaria con novelas curtas publicadas en diarios, e como periodista obtén un premio nacional de periodismo polo seu artigo España, escándalo y locura. Consegue o Premio Nacional de Narrativa en 1954 con Con la muerte al hombro, repetindo en 1982 con Conocerás el poso de la nada. Tamén publicou obras biográficas (Lozano: una mística del paisaje, 1980).
Obras
[editar | editar a fonte]- 1953 Memorias íntimas de Aviraneta ou Manual del Conspirador (Ensaio histórico-literario)
- 1954 Con la muerte al hombro (Premio nacional de narrativa)
- 1956 El vengador
- 1957 Hicieron partes
- 1959 América de cabo a rabo (Libro de viaxes)
- 1960 Diario íntimo de Alfonso XIII (Ensaio histórico)
- 1961 El Congo estrena libertad (Libro de viaxes)
- 1963 Paralelo 40
- 1971 Como ovejas al matadero
- 1974 Hemingway in Spain (EUA)
- 1977 El libro de las visiones y apariciones
- 1979 El amargo sabor de la retama
- 1980 Los murciélagos no son pájaros
- 1980 El perro loco
- 1980 Lozano una mística del paisaje (Obra biográfica)
- 1981 El leproso y otras narraciones
- 1982 Conocerás el poso de la nada (Premio nacional de narrativa)
- 1983 Sin camino
- 1989 El pequeño mundo de Pascualito
- 1992 Hemingway: Algunas claves de su vida y de su obra
- 1995 Escuela de detectives