Saltar ao contido

José Luis Coedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis Coedo
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde das Nogais
1987 – 2011
← Xosé Espín MejíaJesús Núñez Díaz → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

José Luis Coedo Novo, nado en 1949, é un político e empresario galego, que foi alcalde das Nogais durante dúas décadas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi elixido alcalde das Nogais polo PSdeG-PSOE, con maioría absoluta, logo das eleccións de 1987. Renovou o cargo repetidas veces (1991, 1995, 1999, 2003), sempre con maioría absoluta. Nas eleccións de 2007 conservou o bastón de mando, se ben perdeu a maioría absoluta. Non concorreu á reelección nos comicios de 2011 e abandonou a alcaldía.

En 2011 foi xulgado porque o vertedoiro municipal carecía de licenza, pero resultou absolto[1]. En 2013 foi xulgado de novo, desta volta por malversación de fondos no seu tempo como alcalde, e el mesmo recoñeceuse culpable. Foi condenado a dous anos de prisión, ademais de a unha pena de inhabilitación[2].

Empresarialmente é propietario de establecementos de hostalaría. É o autor da guía Os Ancares: turismo rural, publicada en 1997.


Predecesor:
Xosé Espín Mejía
 
Alcalde das Nogais
 
1987 - 2011
Sucesor:
Jesús Núñez Díaz

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]