José Luis Mondelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (78/79 anos) Ourense, España |
Alcalde de Ourense | |
1990 – 1991 ← Manuel Veiga Pombo – Manuel Veiga Pombo → | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
José Luis Mondelo García, nado en Ourense en 1946, é un avogado e político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado. Formou parte dos comités executivos de Alianza Popular en Ourense. Nas eleccións municipais de 1987 foi o número 3 da candidatura de Independentes de Galicia en Ourense e foi elixido concelleiro. O seu grupo apoiou ao socialista Manuel Veiga Pombo, pasando a formar parte do goberno xunto con este en decembro de 1987 e encargándose da área de persoal. Porén, acabaría abandoando o goberno por discrepancias e en setembro de 1990 encabezou unha moción de censura que lle outorgou a alcaldía, tras contar co apoio do PPdeG e o CDS.[2] En 1991 encabezou a candidatura do Partido Galeguista sen lograr representación, correndo a mesma sorte en 1995 con Coalición Galega.
Predecesor: Manuel Veiga Pombo |
Alcalde de Ourense 1990-1991 |
Sucesor: Manuel Veiga Pombo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado con Raquel Abella, de quen enviuvou, e non tivo descendencia.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pepe Seoane (3 de novembro de 2013). "«Otros fueron más breves que yo en la alcaldía de Ourense»". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Xosé Hermida, Francisco José Sarria (26 de setembro de 1990). "Una moción de censura deja a los socialistas sin la alcaldía de Orense". El País (en castelán).
- ↑ "El exalcalde de Ourense, José Luis Mondelo, prueba suerte en "First Dates": "No tengo que dar explicaciones a nadie"". La Región (en castelán). 13 de decembro de 2024.