José Luis Sierra Cabrera
José Luis Sierra | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Sierra Cabrera | ||
Nacemento | 24 de xuño de 1997 | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Chile | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Unión Española | ||
Número | 13 | ||
Carreira xuvenil | |||
Unión Española | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2019 | Unión Española | 43 | (5) |
2020 | Bisceglie | 1 | (0) |
2020–2021 | Deportes Temuco | 2 | (0) |
2021 | Deportes Colina | 13 | (0) |
2022– | Unión Española | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2015–2017 | Chile sub-20 | 6 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Luis Sierra Cabrera, nado en Santiago de Chile o 24 de xuño de 1997, é un futbolista chileno que xoga como dianteiro na Unión Española, da Primeira División de Chile.
É fillo do exfutbolista e adestrador José Luis Sierra Pando.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse como futbolista no Unión Española, club do que seu pai, José Luis Sierra Pando, é un dos maiores ídolos. Debutou co primeiro equipo aos 17 anos, no Torneo Apertura de 2014, nun partido ante o Cobresal no Salvador, no que seu pai, por aquel entón adestrador do equipo, lle deu entrada nos minutos finais.[1] Ese mesmo ano viaxou a Italia para probar co Inter de Milán, pero acabou regresando ao seu país.[2] Militou no Unión Española durante os seguintes cinco anos, aínda que con pouca participación.
En outubro de 2020, despois dun breve paso polo Bisceglie italiano, da Serie C, foi anunciado como novo reforzo do Deportes Temuco, da Primeira B de Chile, onde tampouco dispuxo apenas de minutos.
A continuación pasou polo Deportes Colina, antes de regresar en 2022 á Unión Española.
Selección chilena[editar | editar a fonte]
Foi convocado por Hugo Tocalli para disputar o Campionato Suramericano sub-20 de 2015 no Uruguai, no que xogou dous partidos, caendo eliminado na primeira fase.
Repetiu convocatoria no Suramericano sub-20 de 2017, no que xogou tres partidos, marcando un gol, e quedou de novo eliminados na primeira fase.[3][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Márquez, Nicolás (23 de maio de 2021). "Los cuatro hijos de chilenos mundialistas en Francia 98 que ya debutaron en el fútbol profesional" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "José Luis Sierra, el hijo del "Coto" que salvó a Chile de una derrota frente a Ecuador en el Sub 20" (en castelán). 23 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "La Roja sub 20 de Héctor Robles se inscribe como la peor de la historia" (en castelán). 27 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2019. Consultado o 27 de enero de 2017.