José Manuel Bermúdez Esparza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1966 (58 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Alcalde de Santa Cruz de Tenerife | |
13 de xullo de 2020 – ← Patricia Hernández Gutiérrez | |
Alcalde de Santa Cruz de Tenerife | |
11 de xuño de 2011 – 15 de xuño de 2019 ← Miguel Zerolo Aguilar | |
Datos persoais | |
Residencia | Tenerife |
Educación | Universidade de La Laguna |
Actividade | |
Ocupación | político |
Empregador | Cabido de Tenerife |
Partido político | Tenerife Group of Independents (en) Coalición Canaria |
José Manuel Bermúdez Esparza, nado nas Palmas de Gran Canaria o 23 de outubro de 1966, é un político canario que dende o 11 de xuño de 2011 exerce como alcalde da cidade de Santa Cruz de Tenerife.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nas Palmas de Gran Canaria, trasladouse xunto cos seus pais a vivir á illa de Tenerife pouco despois de nacer, xa que de alí proviña a súa familia.
Estudou Dereito porque era a mellor maneira de acceder a xornalismo ou a política. Con 18 anos, e en contra dos desexos do seu pai, que prefería que se centrase nos estudos, afiliouse a ATI.
Foi fundador das mocidades de ATI, ocupou sempre cargos nos órganos decisorios do partido e desenvolveu o seu labor público en diferentes áreas do Cabido de Tenerife. Ademais é vicepresidente primeiro do Cabido de Tenerife. É, dende 2011 o alcalde da cidade de Santa Cruz de Tenerife.