Saltar ao contido

José Manuel González Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Manuel González Álvarez
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Bande, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosManuel González Sanchidrián Editar o valor en Wikidata

José Manuel González Álvarez, nado o 22 de setembro de 1952 en Bande, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e ao terminar a carreira exerceu como médico en Lugo e Vilagarcía de Arousa

Fixo un mestrado en Administración Sanitaria e cando o Goberno central transferiu o SERGAS, o conselleiro Manuel Montero Gómez designouno subdirector xeral de Atención Especializada. Era o ano 1990 e comenzaba para González unha carreira de fondo na Administración. No ano 1991 foi designado xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo. José Manuel Romay Beccaría mantívoo á fronte do hospital, onde permaneceu até 1996. Dous anos despois houbo alí seis mortos por aspergillus. González foi imputado no caso, acusado polos familiares das vítimas. O fiscal non formulou cargos. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou anos máis tarde arquivar as dilixencias abertas contra el.[Cómpre referencia]

A xestión de José Manuel González á fronte do Meixoeiro foi ben valorada polos sucesivos responsables de Sanidade, e asumiu despois a xerencia do Xeral-Cíes de Vigo, de onde pasou á dirección do Sergas en Pontevedra en xaneiro de 2002. En abril de 2003 foi chamado por Alberto Núñez Feijóo para facerse cargo da dirección provincial de Política Territorial.

Tralas eleccións autonómicas de 2005, cando comezaron a gobernar PSOE e BNG, marchou á Comunidade de Madrid onde foi Director xerente da Fundación Hospital Alcorcón. Nomeado en 2009 xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

É pai de Manuel González Sanchidrián.


Predecesor:
José María Hernández Cochón
 
Conselleiro de Sanidade
 
2004 - 2005
Sucesor:
María José Rubio

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]