José Manuel Santos Maneiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1959 (65 anos) Antes, España |
Alcalde de Mazaricos | |
1995 – 2015 ← Xoán Manuel Ramos Rodríguez – Juan José Blanco Riveiro → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Mazaricos |
Ocupación | político, enxeñeiro agrónomo |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
José Manuel Santos Maneiro, nado en Antes (Mazaricos) o 30 de marzo de 1959[1], é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É enxeñeiro técnico agrícola, era Xefe de explotacións no Servizo de Extensión Agraria de Santa Comba antes de dar o salto á política local. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mazaricos e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. No ano 2000 ocupou a presidencia da asociación para o desenvolvemento comarcal Neria. Foi deputado provincial na Deputación da Coruña de 2007 a 2011. O 31 de xaneiro de 2011 foi detido por corrupción na Operación Orquesta. Non se presentou á reelección nas municipais de 2015. Na actualidade é xefe territorial da Consellería do Medio Rural.
Predecesor: Xoán Manuel Ramos Rodríguez |
Alcalde de Mazaricos 1995 - 2015 |
Sucesor: Juan José Blanco Riveiro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ X. Ramón Alvite (10 de xaneiro de 2015). "José Manuel Santos descarta volver a luchar por la alcaldía de Mazaricos". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Moncho Ares (1 de febreiro de 2011). "Un funcionario de Medio Rural que ha logrado cuatro mayorías absolutas". La Voz de Galicia.