José María Abalo Abad
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 1 de setembro de 1954 (69/70 anos) Donostia, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Superior de Comercio da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | árbitro, futbolista |
Empregador | Universidade de Oviedo |
Membro de | |
Deporte | fútbol |
José María Abalo Abad, nado en Vilagarcía de Arousa en 1884 e finado en Donostia o 1 de setembro de 1954, foi un futbolista e catedrático de universidade galego. Foi un dos impulsores do fútbol na cidade da Coruña,[1][2] xogou como dianteiro no Vigo Sporting[3] e máis tarde foi árbitro.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]José María Abalo, fillo dun empresario local, estudou en Londres nun internado.[1][5] Na súa estancia en Inglaterra interesouse polo fútbol, e cando regresou a Galicia en 1901 regresou cun grao en comercio e cunha pelota na súa maleta.[1][6][7][8]
Proseguiu estudos na Escola de Comercio da Coruña, e alí contaxioulles aos seus compañeiros o interese polo fútbolno campo da Estrada.[1][5][7] En 1901, nunha xuntanza na Cafetaría Universal, decidiron estabelecer un club, o cal nomearon Afonso XII, o primeiro equipo de fútbol da Coruña.[1][5] O club novo adoptou as regulacións da Asociación de Fútbol británica e empezou a adestrar na zona coñecida como El Relleno, xunto a Riazor.[1]
Fundación do Coruña FC
[editar | editar a fonte]Abalo seguiu difundindo o fútbol entre a mocidade da cidade.[6][9] En 1903 varios membros do ximnasio Sala Calvet comezaron a practicar o deporte,[1] e fundouse o Foot-ball Corunna Club.[1][6][8] As súas cores orixinais eran branco ou vermello, e ás veces cun uniforme enteiramente branco, mais máis tarde adoptou unha camiseta amarela e negra a raias con pantalón branco. O primeiro partido foi o 20 de marzo de 1904 na praza de touros da Coruña, contra un equipo chamado Diligent, formado por membros da tripulación de dous buques británicos.[1][9] O equipo local venceu 3–0, e continuaron xogando contra tripulacións dos buques que arribaban ao Porto da Coruña.[1] Pasaron a xogar no Corralón da Gaiteira, o primeiro campo de fútbol permanente da cidade.[9]
Os membros da Sala Calvet que participaran na constitución do Corunna FC e o recentemente creado Club Náutico seguiron o modelo de Abalo e xuntaron un grupo grande de xogadores para o ximnasio Calvet, onde naceu o Club Deportivo da Sala Calvet.[1]Meses despois o club converteuse no Deportivo da Coruña.[9][10]
Na tempada 1906–07 Abalo xogou como dianteiro no Vigo Sporting, metendo dous goles na Copa do Rei de 1907, un deles o que supuxo a vitoria fronte ao Club Bizcaya.[11] Ao tempo, fundou na súa vila natal en 1907 o Villagarcia FC, equipo ao cal o Madrid CF convidou para participar nun partido de adestramento.[6]
Arbitrou a final da Copa do Rei de 1908 entre o Madrid FC e o Vigo Sporting, que venceu o primeiro 1–2 perda a Vigo.[4] Nos anos seguintes Abalo continuou a practicar o fútbol e mesmo o rugby, nos campos de Santa Rita e A Lomba, "presenciado por unha grande audiencia".[6]
Traxectoria académica
[editar | editar a fonte]Tras rematar os estudos, foi profesor de inglés na Universidade de Oviedo, onde publicou en 1911 a obra El traductor de inglés e en 1913 Gramática inglesa. Método teorico-práctico. Despois pasou a dar clase na Escola de Comercio de Donostia, cidade na que faleceu en setembro de 1954.[4] Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "La histórica Sala Calvet". La Opinión de A Coruña (en castelán). 13 de novembro de 2016.
- ↑ "Galicia Gaiteira". www.redeoza.org (en castelán).
- ↑ "José María Abalo Abad". www.bdfutbol.com.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "José María Abalo Abad". www.bdfutbol.com.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "El origen del fútbol en La Coruña". lafutbolteca.com (en castelán).
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Vilagarcía: Precursores del deporte". Revista es Más (en castelán).
- ↑ 7,0 7,1 "Miguel Abalo". Vida Atlética de Galicia (en castelán).
- ↑ 8,0 8,1 "La Sala Calvet". www.dxtcampeon.com (en castelán).
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 "El Dépor nació en un gimnasio". www.rcdeportivo.es (en castelán).
- ↑ Goldblatt, David (2007). The Ball is Round: A Global History of Football (en inglés). Penguin UK. p. 131. ISBN 978-0-14-191154-0.
- ↑ "Vigo - Club Vizcaya (2 - 1)". www.bdfutbol.com.
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.