Saltar ao contido

José María Arellano Igea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé María Arellano Igea
Biografía
Nacemento15 de maio de 1885 Editar o valor en Wikidata
Corella, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de maio de 1963 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia da Coruña
xuño de 1937 – febreiro de 1938
Gobernador civil de Biscaia
3 de outubro de 1936 – 13 de xuño de 1937
Civil governor of Gipuzkoa (en) Traducir
3 de outubro de 1936 – 13 de xuño de 1937
Gobernador civil de Huelva
febreiro de 1931 – 14 de abril de 1931 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Salamanca - dereito
Universidade de Oviedo - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xurista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1191490


José María Arellano Igea, nado en Corella (Navarra) o 15 de maio de 1885 e finado en Madrid o 26 de maio de 1963, foi un avogado e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito en Oviedo e Salamanca. Traballou de pasante con Juan de la Cierva en Madrid. Marchou a Bilbao, onde foi profesor no Colegio de San Antonio (1910-1913), e director do semanario Luz y Taquígrafos. A finais de febreiro de 1931 foi nomeado Gobernador civil de Huelva[1], cesando ao proclamarse a Segunda República.

Antirrepublicano, defendeu ante os tribunais a Xunta Política de Falange. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, o 3 de outubro foi nomeado Gobernador civil xeral de Guipúscoa e Biscaia, permanecendo no cargo ata o 13 de xuño de 1937. Fiscalizou toda a depuración política e a reentronización da Igrexa católica. Pasou a ser gobernador civil da Coruña. Permaneceu no posto até febreiro de 1938, cando foi nomeado Director Xeral de Rexistros e do Notariado en Madrid e tamén foi Letrado xefe do Corpo técnico da Subsecretaría do Ministerio de Xustiza. En febreiro de 1949 foi concelleiro de Corella e deputado foral por Tudela. En 1957 regresou a Madrid definitivamente.

  • Legislación del Registro Civil, 1939.
  • Fundamentos legales para una demanda, 1946.
  • Las obligaciones, los contratos y la prescripción en el Derecho navarro, 1946.
  1. El Pueblo Gallego, 1-3-1931, p. 6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]