Saltar ao contido

José María Bourio Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé María Bourio Fernández
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1907 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 13574

José María Bourio Fernández, nado en Lugo o 11 de decembro de 1907 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1986, foi un profesor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Funcionario da Delegación de Traballo, foi contador do Colexio Pericial Mercantil (1932). En 1936 era profesor de mercantil, caligrafía e debuxo no Instituto Feminino de Lugo. Afiliado á UGT, foi vicesecretario da Federación Provincial Trabajadores de Lugo (1932). Foi secretario das Juventudes Socialistas (1932), secretario de actas das Juventudes Socialistas Unificadas (1936) e membro da Agrupación Socialista lucense.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido e agochado nos montes de Barreiros ata que puido embarcar rumbo a Cuba vestido de cura con identidade falsa. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi sancinado en ausencia. En Cuba traballou como dependente da Ferretería Celestino Joaristi y Cía. e despois como xefe de vendas da empresa norteamericana Remintong Rand. Adquiriu a nacionalidade cubana.

En 1947 regresou a Galicia con permiso de tres meses e dous anos despois con toda a familia con intención de quedar, pero tiveron que volver por problemas na renovación do permiso de estancia. En Cuba mantivo contacto co Círculo Republicano Español e a Casa de la Cultura. En 1958 regresou definitivamente a Galicia.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
  • Casou con Isabel Villarino del Riego e foi pai de José e Carlos Bourio Villarino.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]