José María Cabadas Vilar
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Millarada, España |
Morte | 13 de marzo de 1967 |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, canteiro |
José María Cabadas Vilar, nado en Millarada (Forcarei) e finado o 13 de marzo de 1967, foi un canteiro e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Canteiro, foi secretario da Sociedad de Agricultores Defensa y Justicia de Millarada e membro da Federación de Agricultores y Oficios Varios de Forcarei. Fundou e dirixiu o periódico Acción Social (1923-1924), onde publicou artigos baixo o pseudónimo Canta-Claro. Colaborou tamén en Umia y Lérez. No franquismo foi practicante titular de Moaña. Finou o 13 de marzo de 1967 e foi soterrado na Viña.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Rosa Sieiro Vilar e foi pai de Eulogio Cabadas Sieiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-3-1967, p. 17.