José María Colmeiro Rey
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1887 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 11 de marzo de 1954 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor ![]() |
José María Colmeiro Rey, nado en Santiago de Compostela o 16 de marzo de 1887 e finado en Vigo o 11 de marzo de 1954, foi un médico e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina en 1913. Médico especialista en pel e enfermidades venéreas e urinarias. Traballou en Vigo para o Concello, Irmás Trinitarias, Garda Civil. En 1925 foi nomeado médico titular do Concello de Vigo. Foi presidente do Colexio Médico Comarcal. Estivo adscrito ao Grupo Autonomista Galego de Valentín Paz-Andrade. Foi moi popular o seu libro Historia clínica de un beso, que aconsellaba ao mozos a superar os prexuízos ligado á sexualidade e a previr as enfermidades de transmisión sexual. O seu sobriño foi o tamén médico José Carlos Colmeiro Laforet. Finou en Vigo o 11 de marzo de 1954.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Evolución e importancia de la gonoterapia, 1913.
- Historia clínica de un beso, 1933.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefa Franco Fermoso, que finou en 1964,[2] e foi pai de Jose Carlos e Manuel Colmeiro Franco.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 978-84-8457-448-4.