José María Figueres
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1954 (69 anos) San Xosé, Costa Rica |
42º Presidente de Costa Rica | |
8 de maio de 1994 – 8 de maio de 1998 ← Rafael Ángel Calderón Fournier – Miguel Ángel Rodríguez Echeverría → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Academia Militar dos Estados Unidos (pt) Escola de Goberno John F. Kennedy |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberación Nacional |
Participou en | |
21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
Familia | |
Cónxuxe | Josette Altmann- Borbón |
Pais | José Figueres Ferrer e Karen Olsen Beck |
Irmáns | Christiana Figueres Mariano Figueres Olsen |
Cronoloxía | |
5 de novembro de 2017 | Paradise Papers |
Premios | |
José María Figueres Olsen, nado en San Xosé o 24 de decembro de 1954, é un empresario e político costarriqueño, experto internacional en Desenvolvemento Sustentábel e Tecnoloxía. Foi Presidente de Costa Rica de 1994 a 1998, ministro de Comercio Exterior de 1986 a 1988, e ministro de Agricultura e Gandería de 1988 a 1990.
Experiencia Política
[editar | editar a fonte]En 1986, o entón presidente (1986-1990) e Premio Nobel da Paz de 1987, Óscar Arias, designou a Figueres a misión de modernizar o debilitado INCOFER (Instituto Costarriqueño de Ferrocarrís). Pouco tempo despois tras cumprir co seu cometido, foi nomeado ministro no Goberno Arias, primeiro de Comercio Exterior e logo de Agricultura. Unha vez concluído o seu período no Goberno, Figueres seguiu os seus estudos académicos na Escola de Goberno John F. Kennedy]] da Universidade Harvard, graduándose en 1991 cun mestrado en Administración Pública.
Ao seu regreso a Costa Rica, Figueres anuncia a súa intención de concorrer á presidência polo seu partido, o Partido Liberación Nacional (PLN). Tras unhas primarias acaloradas e moi disputadas con cinco pre-candidatos, Figueres conseguiu a indicación como candidato o 1993, e gañou as eleccións nacionais en febreiro de 1994. Con 39 anos de idade, José María Figueres Olsen foi elixido Presidente de Costa Rica por un mandato de catro anos, converténdose no presidente máis novo do país no século XX.
Presidencia
[editar | editar a fonte]O Presidente Figueres promoveu o Desenvolvemento Sustentábel como marco principal para as accións do seu Goberno. Este programa estaba baseado en tres alicerces: en primeiro lugar, transformar a economía costarriqueña cara a unha maior produtividade, con especial énfase na tecnoloxía. Segundo, que a sociedade costarriqueña expresase unha maior solidariedade, creando oportunidades para o benestar común. E, en terceiro lugar, que a sociedade desenvolvésese en harmonía coa natureza (do libro de Leonardo Garnier, "Gobernando en Tempos de Cambio: Administración Figueres Olsen"). A súa administración é recoñecida por traballar para avanzar e promover unha maior integración de Costa Rica na economía globalizada.
Críticas
[editar | editar a fonte]Para algúns, o mandato do Presidente Figueres foi controvertido. As principais críticas son:
- Renunciou aos valores social-demócratas do seu partido a favor de políticas máis liberais.
- Pechou o máis antigo banco estatal, o Banco Anglo Costarriqueño, e abriu o monopolio estatal de contas correntes que se remontaba a 1948.
- Pechou o Sistema Nacional de Ferrocarrís (INCOFER), e reformou moitas institucións gobernamentais, causando a perda de postos de traballo.
- Reformou o sistema especial de pensións dos profesores, resultando na folga máis longa na historia do país por parte dos afectados.
- A Política Exterior estivo fortemente aliñada cos intereses de Centroamérica.
Presidente de Costa Rica | ||
---|---|---|
Segue a: Rafael Ángel Calderón Fournier |
José María Figueres | Precede a: Miguel Ángel Rodríguez |
Partido Liberación Nacional - PLN |