José María Hermida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1841 Vilanova, España |
Morte | 1880 (38/39 anos) Camagüey, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
José María Hermida Rodríguez, nado en Vila Nova de Lourenzá en 1841 e finado en Camagüey (Cuba) en 1880,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado de Obras Públicas. Ingresou no corpo en 1861. En 1864 foi nomeado axudante 4º do persoal facultativo. Trasladouse a Teruel, despois a Castellón e finalmente a Lugo en 1869. En 1872 ascendeu a axudante 3º e un ano despois foi destinado á División de ferrocarrís de León de onde pasou a Ourense e despois novamente a Lugo. En decembro de 1879 foi nomeado axudante 2º para a illa de Cuba, onde finou ao ano seguinte. Foi redactor de El Heraldo Gallego. Fundou en Lourenzá en 1878 a Sociedad de Instrucción y Recreo, que abriu unha escola de artes e oficios o 6 de outubro.[2][3]
Publicou na prensa "Las alas del espíritu"[4] e "Descripción del castillo de Monforte de Lemos".
Obras
[editar | editar a fonte]- Iglesia del Colegio de Monforte de Lemos. Retablo del Altar Mayor construído por el escultor Francisco Moure, 1875.[5]
- Discurso de apertura de las Escuelas fundadas por la Sociedad de Instrucción y Recreo de Villanueva de Lorenzana, provincia de Lugo, pronunciado en el Salón Consistorial de esta villa el día 6 de Octubre, 1878.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vivero y su comarca, bajo la dirección de Justo Taladrid, fue la más prolífica", La Voz de Galicia, A Mariña, 15-11-2015, p. 7.
- ↑ El Diario de Lugo, 16-10-1878, p. 2-3.
- ↑ El Heraldo Gallego, 30-1-1879, p. 7-8.
- ↑ El Heraldo Gallego, 14-1-1875, p. 1-4, 21-1-1875, p. 3-4, 11-2-1875, p. 1-3, 18-2-1875, p. 2-4, 25-2-1875, 5-6, 11-3-1875, p. 3-5, 1-4-1875, p. 1-3, 15-4-1875, p. 1-3, 6-5-1875, p. 4-5, 27-5-1875, p. 2-3, e 17-6-1875, p. 1-3.
- ↑ Previamente foi publicado en folletín en El Heraldo Gallego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro López, M. (4-10-1891). "José M. Hermida". El Obrero: 1–2.