José María Lago Cabo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 (50/51 anos) A Gudiña, España |
Alcalde da Gudiña | |
2016 – 2023 ← Guillermo Lago Pérez – Néstor Ogando Blanco → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , enxeñeiro |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Familia | |
Pai | Guillermo Lago Pérez |
José María Lago Cabo, nado na Gudiña en 1973, é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Guillermo Lago Pérez. Enxeñeiro técnico industrial, impartiu cursos para a Fundación Galega do Metal. Nas eleccións municipais de 2015 foi o número dous da candidatura do PPdeG. Logo do falecemento do seu pai en xaneiro de 2016 por mor dun infarto,[1] foi elixido alcalde da Gudiña.[2] Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Presentouse de novo ás eleccións municipais en 2023 mais non acadou a alcaldía, e ademais de concelleiro pasou a ser deputado provincial.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado e ten unha filla.
Predecesor: Guillermo Lago |
Alcalde da Gudiña 2016 - 2023 |
Sucesor: Néstor Ogando |