José María Montoto López Vigil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1818 Santolaya, España |
Morte | 18 de marzo de 1886 (67 anos) Sevilla, España |
Lugar de sepultura | Iglesia de San Bartolomé |
Ideoloxía política | Carlismo |
Educación | Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Ocupación | escritor, avogado, historiador |
Familia | |
Fillos | Luis Montoto |
José María Montoto López Vigil, nado en Santolaya (Cabranes) o 28 de abril de 1818 e finado en Sevilla o 18 de marzo de 1886, foi un xurisconsulto, avogado e escritor do século XIX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Asturias, mais viviu en Sevilla dende meniño, ao falecer seus pais, Pedro Montoto Blanco e Josefa López-Vigil Pando. En Sevilla conviviu co seu tío, o cóengo Don Luis López-Vigil y Pando. Estudou Dereito na Universidade de Sevilla, licenciándose o 23 de xullo de 1841. Especializouse e considerouse como unha autoridade en investigación histórica e xurídica.
Ademais de varios traballos en opúsculos sobre materias de Dereito. A súa obra máis coñecida é Historia de don Pedro I de Castilla.
Politicamente, simpatizaba co carlismo. No ano 1870 fundou un xornal de breve vida chamado "El Desengaño".
Empregou o pseudónimo de Osén Hoja Timorato.
Contraeu matrimonio con María de los Ángeles Rautenstrauch y Giovanelli, coa que tivo tres fillos, María Teresa (1849-1905), Luis (1851-1929) e Carlos, antes de que súa dona morrese de cólera no 1854.
Feneceu en Sevilla e atópase soterrado na igrexa de San Bartolomé.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Montoto López Vigil, José María, Historia de don Pedro I de Castilla. Sevilla: Editorial Ibérica, 1845.