José Marcote Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1961 (63 anos) Fisterra, España |
Alcalde de Fisterra | |
2015 – 2023 ← José Manuel Traba Fernández – Áurea Domínguez Sisto → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
José Marcote Suárez, nado en Fisterra o 28 de marzo de 1961, é un político e profesor galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Náutica pola Universidade da Coruña, foi xefe de máquinas, profesor naval e director da Escola Náutica de Ribeira. É concelleiro en Fisterra polo PSdeG-PSOE dende as municipais de 2007, nas que foi o número 2 da candidatura. En setembro de 2009, trala renuncia de Juan Boullosa Marcote, foi designado portavoz socialista no concello. Foi candidato á alcaldía nas municipais de 2011 conseguindo mellorar os resultados de 2007 e acurtando as distancias co PPdeG, pero sen que este perdese a maioría absoluta. Aínda así, socialistas e nacionalistas, sumaron máis votos que o PPdeG, mantendo este último a maioría por unha estreita marxe de votos, o cal sumado distintas irregularidades observadas polas forzas da oposición levou a que se recorresen os resultados, se ben finalmente se desestimaron ditos recursos.
Nas municipais de 2015 conseguiu empatar a 4 concelleiros co PPdeG, os cales sumados ós 2 do BNG lle deron a alcaldía, conformando un goberno bipartito. Nas municipais de 2019 consegue mellorar os seus resultados, quedando incluso a poucos votos de ser a forza máis votada, polo que puido manter a alcaldía e o goberno co BNG. Dende febreiro de 2022 forma parte da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como secretario de turismo.
Nas municipais de 2023 pasou de 4 a 2 concelleiros e perdeu a alcaldía en favor da candidata de Alternativa dos Veciños Áurea Domínguez, quen irrompeu con 3 concelleiros e recibiu o apoio de socialistas e nacionalistas na investidura.[1]
Predecesor: José Manuel Traba Fernández |
Alcalde de Fisterra 2015 - 2023 |
Sucesor: Áurea Domínguez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López, Marta (20 de xuño de 2023). "Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra: «Sabía o que pasara en Bergondo, pero iso non me garantía a investidura»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2023.