Saltar ao contido

José Montouto Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Montouto Rodríguez
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor en Wikidata
Donsión, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Tenorio, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónobreiro, sindicalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 14260

José María Montouto Rodríguez, nado en Donsión (Lalín) en 1890 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un obreiro e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou na fundación da sociedade obreira de Ponte-Nova (Donsión), da que foi elixido vicetesoureiro en 1931.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 9 de setembro, permanecendo na Prisión de Lalín ata que o 4 de novembro foi trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outros dez de Lalín e Arbo, para asasinalos na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade). A súa muller inscribiu a “desaparición” no Rexistro civil de Lalín en 1943.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Rosa Abeledo e tivo oito fillos.

  1. El Pueblo Gallego, 23-4-1931, p. 9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]