José Negre
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1875 Ludiente, España |
Morte | 24 de decembro de 1939 (64 anos) Argelès-sur-Mer, Francia |
Secretario Xeral da CNT | |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Diccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans (pt) , (sec:Negre, Josep, p.973-974) |
José Negre i Oliveras, nado en Lludient (Comunidade Valenciana) o 13 de maio de 1875 e finado en Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais) o 24 de decembro de 1939, foi un anarquista valenciano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era tipógrafo, e foi o último Secretario Xeral do sindicato catalán Solidaridad Obrera. Foi un dos organizadores do Congreso de Constitución da Confederación Nacional do Traballo que tivo lugar en Barcelona en 1910, sendo elixido o primeiro Secretario Xeral, ocupando o cargo ata 1911.
Volveu ser elixido ocupando a secretaría xeral de novo ata 1914, aínda que entre 1911 e 1914 o sindicato estivo na clandestinidade, de xeito que non se pode asegurar que efectivamente ocupase o cargo entre os anos 1913 e 1914.
Colaborou en diferentes publicacións entre 1910 e 1920. Retomou a súa actividade militante en 1936, e posteriormente estivo no campo de concentración de Argelés. Suponse que morreu alí o 5 de febreiro de 1939, ou ao mes seguinte. Outras versións din que morreu no campo de concentración de Saint Cyprien.
Escribiu ¿Qué es el sindicalismo? (1917), Recuerdos de un viejo militante (1936) e ¿Qué es el colectivismo anarquista? (1938),
Predecesor: - El mesmo |
Secretario Xeral da CNT 1910 - 1911 1911 - 1914 |
Sucesor: El mesmo Manuel Andreu |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Íñiguez, M.: Enciclopedia histórica del anarquismo español (tomo 2); Vitoria, 2008. ISBN 978-84-612-4049-9