José Neira Vidal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1895 Lalín, España |
Morte | século XX Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | avogado, empresario |
José Neira Vidal, nado en Lalín o 7 de maio de 1895 e finado en Buenos Aires, foi un avogado e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou cos seus pais á Arxentina en 1907. En Buenos Aires estudou o bacharelato e fixo Procuración. Foi funcionario de Correos e Telégrafos e traballou como secretario dun avogado. En 1928 foi designado Apoderado General de la Municipalidad de la Ciudad de Buenos Aires. Foi secretario da Agrupación Artística Gallega, secretario e presidente, durante once anos, da sociedade Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires. Secretario do Centro Gallego de Buenos Aires, foi elixido presidente pola candidatura republicano-galegista en 1938, desempeñando o cargo ata 1941. Volveu presentarse á presidencia do Centro Gallego en 1950 encabezando a candidatura das agrupacións Celta e Unión Gallega, que foi derrotada pola de Javier Vázquez Iglesias.[1] Amigo de Luis Seoane, a quen nomeou director de Galicia, de Jiménez de Asúa e de Castelao.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Joaquina Martínez e foi pai de Ilda Delia (nada en 1925)[2] e José Carlos Neira Martínez (nado en 1929).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Santiago, Marcelino X.: "Asociacionismo gallego en Buenos Aires", en Núñez Seixas, X. M. (edit.): Galicia Austral: la inmigración gallega en la Argentina. Buenos Aires: Editorial Biblos, 2001, p. 184-185.
- José Neira Vidal, presidente del Centro Gallego de Buenos Aires