José Otero González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1899 Redondela, España |
Morte | 18 de febreiro de 1968 (68 anos) Redondela, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
José Otero González nado en Redondela o 1 de abril de 1899 e finado no mesmo concello o 18 de febreiro de 1968, foi un industrial conserveiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Herdou do seu pai, José Otero Bilbao finado en setembro de 1921, unha modesta industria conserveira en Vilavella. A finais da década dos vinte despregou a súa actividde na enseada de San Simón, sendo propulsor da captura de mariscos, especialmente ameixa e berberechos. Na década dos trinta adquiriu o antigo Merendeiro da praia de Cesantes e trasladou alí a planta industrial, reestruturando o edificio e construíndo un pequeno peirao. Dedicouse á elaboración de longueirón e navalla ao natural; sardiñas, bonito e palometa en aceite ou escabeche; destacando no mexillón escabechado. Alugou e despois mercou o edificio da Regasenda da familia Tapias. Ampliou actividades e mercou unha fábrica de salazón na praia de San Francisco (Louro, Muros). Púxolle como nome a empresa JOB, as iniciais do nome do seu pai, e os seus envases levaban a figura da Coca redondelana e os viadutos de Monforte e Santiago. En 1942 mercou o Convento de Vilavella, no que servira como mandadeira a súa avoa parterna, invertendo nel moito diñeiro co propósito de que pasase novamente á Orde Justiniana, da que era agregado espiritual, para que establecese un colexio para Redondela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Cardama, Amado (20-2-1988). "José Otero González, un pionero de la industria redondelana". La Voz de Galicia, Vigo: 28.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Conservas JOB (Rodríguez & Pascual) Arquivado 23 de xuño de 2020 en Wayback Machine.