Saltar ao contido

José Pérez Pombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Pérez Pombo
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1924 Editar o valor en Wikidata (31/32 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte morrida Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata

José Pérez Pombo, nado na Coruña en 1892 e finado na mesma cidade o 21 de xaneiro de 1924, foi un futbolista galego, que xogaba como centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na Coruña en 1892, sendo un dos cinco fillos de Cándido Pérez Rodríguez e Manuela Pombo Salgado. Foi xogador do María Pita e máis tarde histórico capitán do Real Club Coruña, onde coincidiu con xogadores como Quincho Yarza ou Joaquín Caruncho.[1][2] Foi a primeira grande estrela do fútbol coruñés e en 1913 formou parte do primeiro partido da historia da selección española, en Amute contra Francia. Formou no centro do campo xunto aos vascos Enrique Figueroa e Bonifacio Echeverría, nun partido que rematou con empate a un gol.[3]

Ademais da súa faceta futbolística, practicou outras disciplinas. Foi debuxante e caricaturista, escritor e formou parte do coro Cántigas da Terra.[4][1] Tamén escribiu un libro sobre fútbol titulado Compendio del Reglamento del fútbol.[1]

Faleceu na Coruña o 21 de xaneiro de 1924, con só 31 anos tras unha enfermidade larínxea. No lapso de cinco anos, a súa familia perdeu catro membros, pois seu pai falecera en 1922,[5] mentres que súa irmá Araceli morreu en 1926 e súa nai en 1927.[1]

Os seus irmáns eran Herminia, Consuelo, Luis e Araceli, sendo estes dous últimos tamén deportistas. Luis foi futbolista e xogou entre outros no Deportivo da Coruña, mentres que Araceli foi unha pioneira do tenis en Galicia e chegou a practicar bobsleigh en Suíza.[1][6] Era ademais cuñado do tamén futbolista Carpio Martínez, esposo de súa irmá Herminia e compañeiro seu no Real Club Coruña.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Miranda, Carlos (28 de marzo de 2021). "Pérez Pombo, internacional y alma inquieta". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  2. "Vida deportiva". El Noroeste (en castelán) (12349). 22 de xaneiro de 1924. p. 5. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  3. Arrechea, Fernando (1 de marzo de 2021). "25 de mayo de 1913. El primer partido de la Selección Española de Fútbol.". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (129). ISSN 1989-6379. 
  4. "De Galicia". Heraldo de Galicia (en castelán) (11). 19 de abril de 1925. p. 4. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  5. "Don Cándido Pérez Rodríguez". El Ideal Gallego (en castelán) (1476). 22 de xaneiro de 1922. p. 3. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  6. Marathon (1 de xuño de 1925). "Araceli Pérez Pombo". Galicia (en castelán) (41). p. 16. Consultado o 21 de agosto de 2024.