José Pastor Horta
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1820 A Coruña, España |
Morte | 27 de maio de 1877 (56 anos) Vichy, Francia |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro |
Familia | |
Parentes | Pedro Barrié Pastor, sobriño |
José Pastor Horta, nado na Coruña o 21 de novembro de 1820 e finado en Vichy o 27 de maio de 1877, foi un banqueiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Pastor Taxonera creador da compañía Dalmau y Pastor e máis tarde José Pastor. Tralo seu falecemento en 1853, os seus fillos Juan Ventura Pastor Galcerán e José e Francisco Pastor Horta, fixéronse cargo da compañía que pasou a chamarse Pastor Hermanos en 1860. Ao quedar como único socio vivo José Pastor, a compañía pasou a chamarse José Pastor y Cía. en 1868. Con el comezou a traballar o seu sobriño, Pedro Barrié Pastor, que se incorporou como socio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burés Miguéns, María Teresa (2006). "Cohesión familiar e formación mercantil nas orixes dun emporio empresarial galego". Empresarios de Galicia. Centro de Investigación Económica e Financeira - Fundación Caixa Galicia. pp. 87–107.