José Pombo Grille
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1943 Bembibre, España |
Morte | 4 de decembro de 2017 (73/74 anos) Bembibre, España |
Alcalde de Val do Dubra | |
1983 – 1987 ← Celestino Pais Puga – Manuel García Monteagudo → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, empresario, político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
José Pombo Grille, nado en Bembibre (Val do Dubra) en 1943 e finado na mesma localidade o 4 de decembro de 2017, foi un mestre, empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio e exerceu do CPI de Bembibre, do que chegou a ser o seu director. Así mesmo rexentou xunto á súa dona unha librería en Bembibre, e foi presidente e un dos fundadores do equipo de fútbol SD Dubra, a partir de 1970, onde destacaron futbolistas coma Juan Manuel Baleato Iglesias, que máis adiante lograría ser alcalde de Val do Dubra durante 20 anos.
Encabezou a lista do PSdeG-PSOE en Val do Dubra e no 1983 foi elixido alcalde, pese a lograr tan só un concelleiro, ó contar co apoio de AP do alcalde saínte Celestino Pais Puga fronte ós independentes que foran a lista máis votada. Durante este mandato destacou a posta en marcha da Festa do Emigrante, así como a colocación dunha estatua homenaxeando os emigrantes na entrada da vila. No 1987 volveu encabezar a lista socialista, volvendo lograr 1 concelleiro, pero sen conservar a alcaldía, que nesta ocasión logrou o líder do PNG, Manuel García Monteagudo (anterior líder independente), co apoio da CPG. Continuou como concelleiro na oposición, e no 1991 retirouse da primeira liña política.
Trala súa xubilación como mestre, volveu á primeira liña política no outono do 2006, asumindo o liderado orgánico dos socialistas dubreses e sendo proclamado candidato á alcaldía para as municipais de 2007. En dita convocatoria foi a terceira forza máis votada, tralo PPdeG e o BNG, logrando 1 concelleiro e mantendo o PPdeG maioría absoluta, polo que se situou na oposición, retirándose de novo da política no 2011.
Predecesor: Celestino Pais Puga |
Alcalde de Val do Dubra 1983 - 1987 |
Sucesor: Manuel García Monteagudo |