José Portal Fradejas
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 13 de maio de 1942 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político, avogado ![]() |
Partido político | Comunión Tradicionalista Partido Católico Tradicionalista Unión Regional de Derechas ![]() |
![]() |
José Fernández-Portal Fradejas, nado en Pontevedra e finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1942,[1] foi un avogado, político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi presidente da Junta Carlista de Santiago de Compostela. Terciario franciscano. Influído por Juan Vázquez de Mella, do que se considera discípulo e continuador. Foi deputado provincial en 1923.[2] Na República foi presidente da Unión Regional de Derechas de Santiago de Compostela e da asociación Defensores de Santiago, constituída en 1933. Foi redactor de El Pensamiento Español e Galicia Nueva, colaborou en El Debate, El Correo de Galicia, Vida Gallega, El Requeté, Alma Galaica e El Compostelano. Recibiu a cruz vermella do Mérito Militar.
Obras
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/53/Jos%C3%A9_Portal_Fradejas_nun_mitin_1932.jpg/175px-Jos%C3%A9_Portal_Fradejas_nun_mitin_1932.jpg)
- Gratitud al Ejército. Discurso pronunciado por Don José Portal Fradejas en "Unión Radio Coruña" el 12 de agosto de 1936, 1936.
- Emociones de España. Julio-agosto 1936, 1936.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Cruz Vermella do Mérito Militar.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Santiago de Compostela con Luisa Ladrón de Guevara Enríquez, filla de Manuel Ladrón de Guevara Saavedra, en 1922,[3] e foi pai de José Portal Ladrón de Guevara.