José Prat
Nome orixinal | (es) José Diosdado Prat García ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de agosto de 1905 ![]() Albacete, España ![]() |
Morte | 17 de maio de 1994 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 3 de abril de 1936 – 2 de febreiro de 1939 ← Leopoldo Lopez y Lopez (en) ![]() Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Albacete (en) ![]() | |
![]() | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 26 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Albacete (en) ![]() | |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Granada ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, profesor universitario, avogado, xurista, militar ![]() |
Empregador | Universidade Nacional da Colômbia em Bogotá (pt) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() |
José Diosdado Prat García, nado en Albacete o 10 de agosto de 1905 e finado en Madrid o 17 de maio de 1994, foi un avogado e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Influído desde a mocidade pola formación krausista e liberal do seu pai, estudou Dereito na Universidade de Granada, onde obtivo a licenciatura en 1925 e estableceu contacto co catedrático socialista Fernando de los Ríos. Tras obter a praza de tenente auditor do Corpo Xurídico Militar, impulsou en Burgos diversas actividades culturais e colaborou na prensa local.
II República española
[editar | editar a fonte]En 1930 conseguiu o posto de letrado do Consello de Estado, e durante os primeiros meses da Segunda República participou nunha comisión formada no Ministerio da Guerra para revisar a obra lexislativa da ditadura de Primo de Rivera. Ese mesmo ano ingresou no PSOE, onde foi membro fundador da Asociación de Avogados Socialistas e asesor xurídico da Federación Nacional de Traballadores da Terra, integrada na UXT. Membro do Consello do Instituto de Reforma Agraria, en 1933 foi elixido deputado por Albacete e formou parte de diversas comisións parlamentarias. O seu desacordo coa decisión socialista de impulsar un movemento revolucionario en outubro de 1934 non lle impediu defender activamente a compañeiros xulgados en varios consellos de guerra. Esta mostra de solidariedade permitiulle resultar novamente elixido por Albacete nas eleccións de febreiro de 1936, dentro da corrente máis moderada do PSOE.
Guerra civil e exilio
[editar | editar a fonte]Durante a guerra civil foi nomeado Director Xeral do Contencioso (setembro de 1936), e subsecretario da Presidencia do Goberno de Negrín. Apoiou a constitución do Consello Nacional de Defensa e, trala derrota, participou nas sesións parisienses da Deputación Permanente, onde, por riba da loita entre Negrín e Indalecio Prieto por controlar os enormes fondos expatriados polo primeiro, chamou a atención sobre as necesidades dos refuxiados españois en Francia.
Durante o seu exilio, traballou na Secretaría do PSOE encargada dos refuxiados e intentou conciliar as posturas enfrontadas de Prieto e Negrín. Máis tarde trasladou a súa residencia a Colombia, onde, de 1939 a 1976, impartiu clases de Historia e Literatura na Universidade de Bogotá. Fundou a Casa de España en Colombia, e colaborou na prensa da capital.
De volta do exilio en 1976, presentouse sen éxito nas eleccións de 1977 dentro dunha candidatura do sector histórico do PSOE, tralo que facilitou o proceso de reunificación co sector renovado do partido.
Foi elixido senador por Madrid en 1979, 1982 e 1986, e presidente do Ateneo de Madrid. Era membro da masonería.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Luis Español Bouché, "El mito masónico y el final de la Guerra Civil", en Madrid 1939: del Golpe de Casado al final de la Guerra Civil, Madrid, Almena, 2004, páxs. 229-233 e "Sesiones de la Diputación Permanente de las Cortes en París", Madrid 1939... op. cit. páxs. 153-166
- Andrés Gómez Flores, Memoria de una lealtad: (conversaciones con José Prat), Albacete: Edicións da Deputación Provincial de Albacete , 1986
- José Prat, Memorias, 2 vols., Albacete, Edicións da Deputación de Albacete, 1994-1995