Saltar ao contido

José Ramón Gómez Fouz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ramón Gómez Fouz
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, boxeador Editar o valor en Wikidata
Deporteboxeo Editar o valor en Wikidata

José Ramón Gómez Fouz, nado en Oviedo o 27 de xaneiro de 1952, é un exboxeador e escritor asturiano.[1][2] Foi un dos mellores boxeadores españois na década do setenta, alzándose co campionato de Europa dos pesos superlixeiros en 1975.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun subinspector de policía, comezou a súa carreira como boxeador en Oviedo. Ao quince anos realizou o seu primeiro combate, comezando así unha carreira que duraría dezaoito anos.[3] Os seus mellores anos foron 1974 e 1975. En 1974 gañou todos os combates menos un, que foi declarado nulo. O 8 de marzo de 1975 venceu a Walter Blaser en Zürich (Suíza), conquistando o título de Europa dos superligeros.[3][5] Gómez Fouz revalidou o título en xuño do mesmo ano, en Barcelona, tras vencer aos puntos ao italiano Romano Fanali, pero caeu derrotado na súa segunda defensa do título, que tivo lugar o 31 de outubro en Colonia (Alemaña), ante o turco Cemal Kamaci, no sétimo asalto, por KO. Desde entón realizou poucos combates.[3][5][3][5] Disputou un total de oitenta e oito e só perdeu cinco. Foi campión de España dos superlixeiros e wélter.[6][7]

  1. Canalis, José (31 de outubro de 1975). "Palmarés de ambos púgiles - Gómez Fouz, favorito" (PDF). 
  2. "Ficha de José Ramón Gómez Fouz". BoxRec (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022. (require rexistro (?)). 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Velasco, Hugo (11 de maio de 2012). "El púgil de las letras". Consultado o 28 de xuño de 2014. 
  4. "Gómez Fouz, campeón de Europa de los pesos superligeros". Madrid. 13 de marzo de 1975. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  5. 5,0 5,1 5,2 BoxRec (ed.). "European Boxing Union: Light welterweight: 1975-03-06, 1975-06-18 7, 1975-10-31 y 1984-04-28" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2015. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  6. "Boxeo: Gómez Fouz, nuevo campeón de España welter". Madrid. 20 de decembro de 1980: 76. 
  7. "Rodríguez Cal y Gómez Fouz revalidaron sus títulos nacionales". Madrid. 13 de decembro de 1981.