Saltar ao contido

José Ramón García Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ramón García Fernández
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Neuss, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Procurador nas Cortes de Castela e León

10 de marzo de 2022 –

Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

José Ramón García Fernández, nado en Neuss en 1973, é un sindicalista e político berciano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Alemaña, fillo de inmigrantes de Pombriego no concello de Benuza que volveron ao Bierzo cando José Ramón tiña tres anos. Estudou enxeñería mecánica na Universidade de Salamanca e logo exerceu como profesor de Formación Profesional. Sindicalista da UGT, tivo cargos de responsabilidade na Federación de los Trabajadores de la Enseñanza de Castela e León. En 2011 encabezou a candidatura do PSOE ao concello de Benuza e logrou entrar na corporación municipal. En 2015 foi o candidato de Coalición por El Bierzo á alcaldía de Benuza e de novo accedeu á corporación municipal[1] ata as eleccións de 2019. Logo de entrar a militar na Unión del Pueblo Leonés converteuse no voceiro da xestora de UPL-Bierzo en setembro de 2020[2] e en membro do Consello Xeral da UPL en novembro de 2021 [3]. Nas eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022 logrou acta de procurador.[4]