José Ramón Peón Pérez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 (82/83 anos) |
Alcalde | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
José Ramón Peón Pérez, nado en 1942, é un político galego do PPdeG
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario de profesión. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido alcalde de Oza dos Ríos pola Coalición Popular. Repetiu como alcalde en 1987 por AP e a partir de 1991 polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta. En 2011 foi substituído como candidato do PPdeG polo seu xenro José Pablo González Cacheiro. Continuou como concelleiro en Oza e asesor do alcalde, e foi contratado como asesor na Deputación da Coruña[1].
Predecesor: Julio Viqueira Fernández |
Alcalde de Oza dos Ríos 1987 - 2011 |
Sucesor: José Pablo González Cacheiro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Diputación contrata de asesor al exalcalde de Oza dos Ríos", artigo en La Opinión de A Coruña, 21 de outubro de 2011 (en castelán).