José Ramón Villar Chao
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1927 Viveiro, España |
Morte | 27 de agosto de 1965 (37 anos) |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Familia | |
Pais | Ramón Villar Ponte e Teresa Chao Maciñeira |
José Ramón Villar Chao, nado en Viveiro o 5 de outubro de 1927 e finado o 27 de agosto de 1965, foi un pintor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramón Villar Ponte e Teresa Chao Maciñeira trasladouse aos 14 anos á Coruña, onde comezou a dedicarse á pintura.[1]
Especializouse en retratos, sobre todo de nenos[2] mais tamén realizou paisaxes, así como ilustracións de libros de Luz Pozo Garza ou Ánxel Fole entre outros. A súa popularidade era tal que en 1960 foi elixido “Coruñés do ano” por un concurso de Radio Juventud por diante de Luis Suárez.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Villar Chao", artigo en La Voz de Galicia, 5 de novembro de 2001 (en castelán).
- ↑ Pintor Villar Chao: El pintor de los niños gallegos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Los hermanos Villar Chao", artigo en La Voz de Galicia, 8 de outubro de 2009 (en castelán).