José Rey Busto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1875 ![]() Ortigueira, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro ![]() |
José Rey Busto, nado en Ortigueira o 4 de marzo de 1875, foi un enxeñeiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Rey Calvo e Ventura Busto. Fixo o Bacharelato na Coruña. Estudou na Academia de Artillaría e saíu como tenente en 1898 sendo destinado ao Rexemento 3º de Montaña.[1] Tenente de Artillaría destinado no Rexemento de Artillaría de Sitio (Segovia), foi dado de baixa no Exército e procesado por abandono de destino en 1901.[2] Enxeñeiro de camiños, canles e portos. Dirixiu a construción de varios ferrocarrís en Cuba.[3] Dirixiu as obras do Metropolitano de Nova York.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Segovia con María Matesanz Gil en 1899.[5] Volveu casar con Araceli Pravio e foi pai de Jorge, Alfredo e Margot Rey Pravio, que casou en 1926 con Felipe Hermida Pérez.[6]