José Rey Otero
Rey | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Rey Otero | ||
Nacemento | 6 de xaneiro de 1923 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Falecemento | 21 de decembro de 1971 | ||
Lugar de falecemento | A Coruña | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1941-1942 | Marte FC | ||
1942-1946 | Deportivo da Coruña | 8 | (1) |
1942-1943 | → Alcoyano (cedido) | 11 | (7) |
1943-1944 | → Ceuta (cedido) | 11 | (5) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Rey Otero, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1923 e finado na mesma cidade o 21 de decembro de 1971,[1] foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro equipo foi o Marte FC coruñés, no que xogou na tempada 1941/42. De aí pasou ao Deportivo da Coruña que o cedeu un ano ao Alcoyano e outro ao Ceuta.[2]
Na tempada 1944-45 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, xogando tan só dous encontros no cadro adestrado por Ramón de la Fuente. O seu debut produciuse na xornada 13, nunha derrota contra o Sabadell a domicilio (2–1). Na seguinte xornada repetiu titularidade, que rematou igualmente en derrota, nesta ocasión contra o Murcia (1–0). Nesa campaña Rey era o único atacante suplente, estando a dianteira titular formada por Juan Francisco Lezama, José González Caballero, Paquirri, Chao e Manuel Marquínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División. Xogou un ano máis no Deportivo, logrando ascender de novo á Primeira División.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 28-12-1996, 23.
- ↑ "José Rey". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 1943. p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).