José Rodríguez Cociña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1914 Viveiro, España |
Morte | 14 de decembro de 1994 (80 anos) Cidade de México |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
José Rodríguez Cociña, nado en Viveiro o 9 de outubro de 1914 e finado en Cidade de México o 14 de decembro de 1994, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tipógrafo en Viveiro, afiliado á UGT e a Agrupación Socialista de Viveiro dende 1931. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pertenceu ás Juventudes Socialistas Unificadas, foi policía no Corpo de Seguridad e tenente no Estado Maior de Aviación. Ao rematar a guerra exiliouse en Francia onde foi recluído no campo de concentración de Argelès sur Mer, ata que en xullo de 1939 chegou a Veracruz no vapor Ipanema. En México afiliouse á Agrupación Socialista e dedicouse ao comercio. Fixo fortuna a comezos dos anos oitenta co negocio de producir e exportar uva de mesa e viño para o mercado estadounidense desde a plantación que posuía no estado de Baixa California. Foi tamén promotor inmobiliario.