Saltar ao contido

José Ruibal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ruibal
Biografía
Nacemento1925 Editar o valor en Wikidata
Xeve, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1999 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Buendía, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiAurora Argibay Iglesias Editar o valor en Wikidata
IrmánsMercedes Ruibal Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1426348 BUSC: ruibal-jose-1925-1999 Dialnet: 2252852

José Ruibal Argibay, nado en Xeve (Pontevedra) en 1925 e finado en Buendía (Cuenca) o 16 de febreiro de 1999, foi un dramaturgo galego, ideólogo da chamada "xeración simbolista".[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun funcionario municipal de Pontevedra e da tamén pintora Yoya. É autor da primeira monografía sobre Laxeiro que se publicou en 1951 como o primeiro dos Cuadernos de Arte Gallego na Colección Benito Soto. Viviu no Uruguai durante os anos cincuenta, e parte da súa obra foi escrita na Arxentina e nos Estados Unidos, onde estivo exiliado durante os últimos anos da ditadura de Francisco Franco. Foi profesor da State University of New York e da Minnessota University, asesor artístico do Festival Calderón (Texas), impartiu seminarios sobre teatro en universidades alemás e foi profesor no Actor’s Studio de New York, que o nomeou membro de honra. Colaborou en periódicos de Madrid e Hispaoamérica con artigos de política internacional.

Pasou os cinco últimos anos de vida incapacitado para a actividade intelectual, primeiro nunha residencia de Nigrán e finalmente nun xeriátrico de Buendía (Cuenca), onde morreu. As súas cinzas foron esparexidas na ría de Vigo.

O seu teatro

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira literaria nos anos cincuenta con Los mendigos (1957), onde presenta a miseria e a especulación política que a produce mediante procedementos de desrealización que fan aparecer aos poderes sociais protagonistas como figuras animais: o militar (Perro) o civil (Asno), o eclesiástico (Cuervo).

A súa obra máis importante é El hombre y la mosca, brillante sátira do franquismo, en forma de metáfora política; o espazo é unha cúpula onde permanecen encerrados o Ditador e o seu Dobre e chegou a ser estreado en 1983, cando a súa mensaxe perdera boa parte da súa vixencia.

Ruibal define o seu teatro como "verbo en movimiento" e, aínda que o seu ton crítico e de denuncia política é constante e ingrediente esencial do seu teatro, sempre os reviste dun carácter simbólico e alegórico que amplía o seu referente de evocación.

Publicou en 1950 o poemario El dios de los precipicios na Colección Benito Soto.

Entre as súas obras teatrais destacan:

  • La ciencia del birlibirloque, 1956.
  • Los mendigos, 1957.
  • El bacalao, 1960.
  • El asno, 1962 (sobre a explotación colonialista).
  • Su majestad la sota, 1966.
  • El hombre y la mosca, 1968 (obra de simbolismo político).
  • Los mutantes, 1968.
  • El rabo, 1968.
  • Los ojos, 1968.
  • La secretaria, 1968.
  • El padre, 1968.
  • El superagente, 1968.
  • El ascenso, 1968.
  • El mono piadoso, 1969.
  • El asno electrónico, 1969.
  • La máquina de pedir, 1969.
  • Currículum vitae, 1970.
  • Teatro sobre teatro, 1975.
  • Controles, 1976.
  • El patio de Yocasta, 1987.
  • Helena, 1989.
  • Celestina, 1989.
  • Otra vez los avestruces, 1991.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán de Mercedes Ruibal e Ángeles Ruibal.

  1. La Voz de Galicia, 17-2-1999, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]