Saltar ao contido

José Sánchez Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Sánchez Arias
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Sarria, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de novembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAntonio Sánchez Teijelo Editar o valor en Wikidata

José Sanchez Arias, nado en Sarria o 24 de febreiro de 1908 e finado o 3 de novembro de 1981, foi un funcionario público e Fillo Predilecto de Sarria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Sánchez Teijelo. Licenciouse en Dereito e foi funcionario público en Madrid, no Ministerio de Gobernación. Xa sendo mozo amosou unha fonda preocupación social, militando en partidos progresistas e correndo coa dirección e participación en publicacións locais, sendo un dos fundadores do periódico Loita. Na Revista do Colexio de Avogados de Madrid publicou traballos de tema xurídico.

Solteiro e sen descendencia, no seu testamento hológrafo nomeou por herdeiro de todos os seus bens ao Concello de Sarria, para que os dedicase a fins de interese cultural ou social, razón pola que foi nomeado Fillo Predilecto a título póstumo. A herdanza consistiu en bens rústicos e urbanos sitos en Sarria e Madrid.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Ten unha rúa dedicada na Zona Escolar.