José Salgado Codesido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 ![]() Melide, España ![]() |
Morte | 8 de outubro de 1953 ![]() Grobas, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Manuel Salgado Codesido ![]() |
José Salgado Codesido, nado en Melide en 1887 e finado en Grobas o 8 de outubro de 1953, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1910.[1] Foi médico municipal de Melide.[2] Propietario de varios muíños eléctricos na parroquia de Branzá e do salto hidroeléctrico Montefurado en Viñós. Na ditadura de Primo de Rivera foi membro da Unión Patriótica e deputado provincial dende 1926.[3] En 1930 foi elixido vogal da Cámara da Propiedade Rústica da provincia da Coruña.[4] Na República foi dirixente da Unión Regional de Derechas de Melide, da que era presidente en xaneiro de 1936.[5] A principios de xullo de 1936 foi vítima dun atentado, ao estalar unha bomba na súa casa de Grobas, sen que se producise ningún ferido.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Viana do Castelo, onde agardou acontecementos, regresando a Arzúa en 1937. Finou en Grobas o 8 de outubro de 1953.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuela Rodríguez Cotón, que finou en 1937, e foi pai de Pilar, José, Concepción, Leandro e Manuel Salgado Rodríguez.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Santiago, 8-6-1910, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 3-5-1913, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 1-7-1926, p. 1.
- ↑ El Eco de Santiago, 25-1-1930, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 29-1-1936, p. 2.
- ↑ La Voz de la Verdad, 15-7-1936, p. 5.
- ↑ El Ideal Gallego, 9-10-1953, p. 8.
- ↑ El Ideal Gallego, 4-1-1938, p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. pp. 102–103. ISBN 84-9812-018-7.
- Lanero Táboas, Daniel (2008). "Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 171–194. ISBN 978-84-9887-000-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2022. Consultado o 26 de decembro de 2022.