José Sarmiento Ozores
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1861 valor descoñecido |
Morte | 1937 (75/76 anos) valor descoñecido |
Gobernador civil de Guadalaxara | |
xuño de 1920 – | |
Alcalde de Tui | |
1902 – 31 de decembro de 1903 | |
Alcalde de Tui | |
1 de xullo de 1895 – ← Venancio Lorenzo | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
José Sarmiento Ozores, nado en 1861 e finado en 1937, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José María Sarmiento Zelaya y Sotomayor. Foi nomeado fiscal municipal de Tui en xuño de 1893.[1] Foi elixido concelleiro de Tui en novembro de 1893,[2] e tomou posesión como alcalde de Tui o 1 de xullo de 1895. Volveu ser nomeado alcalde por Real Orde en 1902,[3] cesando o 31 de decembro do ano seguinte. Foi deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui (1913-1922). Foi nomeado gobernador civil de Guadalaxara en xuño de 1920.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xuíz municipal de Tui en febreiro de 1937.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Concepción Román e foi pai de Pura Sarmiento Román.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Taboada Moure, Pablo (1987). Las élites y el poder político. Elecciones provinciales en Pontevedra (1836-1923). Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 84-505-6436-0.
- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.
Predecesor: Venancio Lorenzo |
Alcalde de Tui 1895 - 1903 |
Sucesor: José García Rodríguez |