José Toba Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1904 Muxía, España |
Morte | 5 de setembro de 1963 (58 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, pedagogo, político |
José Toba Fernández, nado en Muxía o 8 de setembro de 1904[1] e finado na Coruña o 5 de setembro de 1963,[2] foi un mestre e pedagogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo o título de mestre en 1925. Foi mestre interino en Merexo e despois titular de Sillobre. Foi mestre da escola de Callosa d'en Sarrià (Alacant) e en xuño de 1934 conseguiu a praza de profesor da Escola de prácticas anexa á Escola Normal de Santiago de Compostela. O 21 de xaneiro de 1935 foi nomeado profesor de Pedagoxía na Normal. Publicou en 1927 unha colaboración na revista Alborada de Buenos Aires e en 1935 o ensaio Problemas que nos plantea la escuela y el niño de Galicia.[3] Militante galeguista, co triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu depuración e foi sancionado coa separación definitiva en 1937. Reingresou no Maxisterio en 1949 e foi director do Grupo Escolar Concepción Arenal da Coruña. Tamén foi armador do pesqueiro Aguete.[4] Finou na Coruña con 58 anos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Sofía Pérez Sobral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 82.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-9-1963, p. 14.
- ↑ Encarte publicado no interior do número 8 do Boletín de Vanguardia Pedagógica
- ↑ La Voz de Galicia, 8-9-1963, p. 19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gabriel, Narciso de (2021). Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés. Vigo: Galaxia. pp. 258–271. ISBN 978-84-9151-614-9.